luns, 24 de xaneiro de 2022

Fina a Pirata

 


Villar Janeiro, H. (2019). Fina a Pirata. ilust. Abi Castillo. Vigo: Editorial Galaxia S. A. [lectorado autónomo], [40] pp. (ISBN: 978-84-9151-354-4)

Esta obra é un álbum ilustrado que trata a diversidade de xeito tenro e divertido. As cubertas que recollen esta historia son de tapa dura, material adecuado para os máis pequenos debido á súa resistencia. Na cuberta frontal podemos ver unha ilustración en cores vivas fronte a un fondo máis claro, nela aparece a figura dunha nena pirata que intuímos, vai ser a protagonista desta historia. Na contracuberta temos un breve resumo da historia con ilustracións similares ás da cuberta frontal, debaixo do resumo está o logo da editorial.

Nas gardas hai pequenas figuras relacionadas coa historia, ademais ten dúas páxinas antes da portada, a par é un fondo de cor vermella e a impar ten no centro un retrato da protagonista fronte a un fondo branco. Na portada observamos en letras grandes e de cor negro, o título do libro, en cor laranxa o nome da autora, da ilustradora e a editorial.

As ilustracións, feitas por Abi Castillo, acompañan os textos, de xeito aleatorio ao longo das dúas páxinas. A parte escrita ten letras redondeadas e de tamaño mediano, son de cor negra. Ademais, os textos veñen en parágrafos densos e sen cambios de tamaño nalgunhas frases. Este álbum ilustrado está escrito en 3ª persoa  pois reflicte a perspectiva dun narrador omnisciente.

Fina é unha nena especial que un día sofre unha accidente e perde unha perna. Seu pai ao ser carpinteiro deséñalle unha perna de madeira mentres non conseguen unha prótese. Na escola todos os nenos e nenas queren xogar con ela, pero non saben que xogo poden escoller tendo en conta as necesidades especiais de Fina, ata que deciden xogar aos piratas. Ao longo da historia Fina e os seus amigos sucarán os mares co seu barco pirata e atoparanse con numerosas dificultades que afrontarán coa axuda de todos.

Este álbum ilustrado permítenos traballar a diversidade en calquera curso de Educación Primaria. A través desta marabillosa historia podemos ver que aínda que a vida che poña trabas, sempre hai que miralas dende outra perspectiva e intentar superalas. Como futuros mestres e mestras podemos atopar na nosa aula nenos e nenas con necesidades educativas especiais, que requiran unha adaptación para facilitar a súa aprendizaxe, por iso con esta obra poderiamos realizar actividades para promover a consciencia sobre a diversidade funcional

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...