venres, 21 de xaneiro de 2022

Fronteiras de papel




De Evan, Alba e Domínguez Pérez, Javier (2020). Fronteiras de papel. Ourense: Antela Editorial.



Neste cuatrimestre tivemos un curso de lectura, onde veu unha parella, Alba de Evan e Javier Domínguez, a presentarnos algunha das obras feitas ao longo da súa carreira. Esta charla foi unha das máis interesantes do curso, polo que ao rematala púxenme a buscar información de ambos os dous autores e encontrei unha charla onde o propio Javier Domínguez falaba dun libro en particular, Fonteiras de papel, este estaba narrado polos propios autores. Ao escoitar a narración gustoume tanto que me decantei por saber máis del e foi como descubrín que amosa un exemplo das vivencias que os inmigrantes teñen que sufrir para poder ter unha vida mellor.

Fronteiras de papel trátase dun albúm ilustrado, que conta con cuberta e contracuberta de tapa dura. Tanto a cuberta como a contracuberta están relacionadas, aínda que é díficil sabelo porque o lomo do libro ten unha cor amarela e da a impresión de que separa un debuxo doutro. Na cuberta móstrase o nome de ambos os dous autores do libro na parte superior; debaixo desta atópase o título do libro e na parte inferior móstrase a editorial na que se elaborou o libro. Estes tres datos están plasmados nun fondo azul e violeta, onde apreciamos a unha nena de pel escura cunha mochila e enriba do que parece un avión de papel, polo que deducimos que está voando cara a un lugar descoñecido. Ao darlle a volta ao libro observamos que na contracuberta alterna as cores azul e violeta. Neste fondo bservamos un bosque con árbores de cores escuras, o que semella un piñeiral, aínda que sexa unha imaxe bastante pobre en canto a materiais aporta moita información sobre a historia. Na contracuberta tamén aparece un pequeno resumen do relato que se vai contar.

Unha das peculiaridades deste álbum ilustrado é que conta con gardas tanto ao comezo como ao final do libro. En ambas as dúas gardas aparecen representadas figuras de papel, con diferentes formas de animais. Na seguinte páxina, a gardas do comezo, pódese observar os créditos a man esquerda e a portada a man dereita. Nesta portada aparece o título do libro, na parte superior, cos respectivos nomes dos autores xusto debaixo deste e na parte inferior observamos o nome da editorial na que foi publicada. Entre o nome dos autores e a editorial observamos o debuxo de Fátimah xogando coas figuras de papel.


Esta historia é narrada pola propia protagonista, onde conta, aos seus compañeiros, o trancurso dos acontecementos que tivó que vivir para poder chegar ao lugar onde, agora, é feliz. Ademais atopámonos con dous tipos de personaxes, a protagonista e en segundo plano personaxes como o pai, a nai, o xefe do pai e os compañeiros de clase.

Por outra banda deberiamos fixranos nas ilustracións, feitas por David Lorenzo, xa que son de gran importancia, pois acupan a maior parte das páxinas. Grazas as ilustracións podemos saber de que vai a historia sendo o relato escrito un acompañamento e seguimento da historia. Nas imaxes podemos observar a través das cores os sentimentos da nena, por exemplo ao principio cando fala do seu país observamos cores claras, non obstante cando narra a súa viaxe no barco e na fronteira as cores son escuras. No remate do conto, podemos observar un cambio de cores, pois o pai da nena consegue o traballo e conseguen escolarizar a nena. Os personaxes están moi ben debuxados e nos rostros obsérvase perfectamente os estados de ánimo, pois nesta historia cobran moita importancia. Ademais cada un dos obxectos, secundarios, que se representan nas imaxes están perfectamente definidos. Unha peculiaridade é que en moitas páxinas aparece algunha das figuras de papel representadas nas gardas.

Fronteiras de papel recolle unha historia curta é fácil de entender, pois o vocabulario é sinxelo. Traballaríamola nunha clase de 2º de primaria. Para poder traballar a historia primeiramente escoitarían o propio vídeo, a través do cal intereseime por esta. Que os nenos vexan as imaxes e o propio texto da historia que se está a narrar vai axudarlles a entendela mellor. A través deste libros os autores están a representar unha realidade que está a acontecer en moitos lugares na actualidade, seguramente que moitos dos pais, nais ou avós do alumnado, tiveron que vivir unha viaxe parecida. Gustaríame que os nenos e nenas unha vez escoitada a historia e as vivenzas se desen conta da importancia que ten respetar a todos e todas, mesmo tendo un aspecto diferente.. É importante que os nenos e nenas xa dende pequenos teñan estes valores, para que nun futuro a sociedade avance cara un mundo mellor. Ao mellor falando sobre o tema algún dos nenos ou nenas coñece ou viviu unha viaxe parecida, polo que pediría se puidese contar a historia para observar as distintas vivenzas e quedarnos cunha semellanza entre todas elas. Xunto a estas explicacións e posibles historias, propondría a procura das distintas costumes ou razas segundo a cor de pel, conseguindo así un mellor coñecemento destas e demostrando ao alumnado que todos temos os mesmos dereitos aínda que sexamos diferentes por fora.

Por último amosar que ademais do propio libro físico, podemos acceder a Fronteiras de papel co vídeo a través do cal conseguín escoitar a narración da historia.



Uvigo. (2021, 20 junio). Narración del libro Fronteiras de Papel [Vídeo]. YouTube. https://www.youtube.com/watch?v=Fqq1REHrcak


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...