CASALDERREY, Fina (1995). O misterio dos fillos de Lúa. Ilust. Manuel Uhía. Madrid: SM, 122 pp. (ISBN: 978-84-348-4674-6).
Este libro ten o formato estándar, é dicir, a súa forma é rectangular e as súas tapas son brandas. Na cuberta podemos observar o debuxo dunha gata, unha das protagonistas do libro, sentada nun tellado contemplando a lúa chea. Tanto o título coma o nome da autora aparecen escritos en branco sobre o ceo nocturno do debuxo. O tomo do libro conta coa distintiva franxa laranxa dos libros da colección de Barco de Vapor e ademais aparece escrito en vertical o número de edición deste exemplar en concreto. A maiores tamén aparece o logo de Barco de Vapor na parte superior da cuberta. Pola contra na parte inferior están o selo da editorial SM e, escritos en maiúsculas, os premios que se lle outorgaron a este libro.
Engadir que na
contraportada atopamos un pequeno resumen da historia e da traxectoria
bibliográfica da autora. Tamén aparece a idade recomendada para ler o libro, o
número da colección de Barco de Vapor e repítense o nome da autora el o título
do libro.
A portada é sinxela e
nela aparecen os datos da cuberta, o logo da colección, o título, o nome da
autora e os premios que obtivo por este.
Respecto ao formato interior do
libro as súas páxinas están escritas polas dúas caras. A medida que se vai
desenvolvendo a historia atopamos diferentes ilustracións que plasman o que
está ocorrendo nese momento, todas elas son de Manuel Uhía.
No referido ao argumento, tal e como indica o
título do libro, este trata sobre o misterio da desaparición dos fillos de Lúa,
a gata de David, un neno de oito anos. É o propio David que conta como, xunta
coa súa noiva e veciña Branca, descobre porque desaparecen os fillos de Lúa
cada vez que esta dá a luz. Para facelo porán trampas na casa e investigarán a
todos os veciños ata dar cunha resposta. Finalmente é a nai de David a que lles
conta a verdade do misterio mentres Lúa tiña aos seus gatiños.
Todas as ilustracións deste libro
son en branco e negro, feitas con acuarela ou algún material similar. Engadir
que todas teñen o mesmo formato, ocupan unha páxina enteira e sempre están
situadas na páxina dereita do libro, exceptuando unha, nas páxinas 58 e 59, que
ocupa toda a parte dereita e a inferior da esquerda.
Esta
obra está recomendada para nenos de máis de nove anos, é dicir, a partir de
cuarto de Educación Primaria. Nela observamos como a autora trata algúns temas
tabús da sociedade dende o punto de vista de un neno, David, o narrador. Estes
temas aparecen por exemplo, cando David conta que a súa avoa está moi maior e
que xa non “regula”, exemplifica perfectamente como as persoas maiores, ás
veces, perden facultades, como o interpretan os seus netos e netas e como os
pais tratan a situación cos seus fillos e fillas. Tamén aparecen sentimentos de
perda e mágoa cando pensan que Lúa desapareceu mentres eles estaban de
vacacións, ensina que ás veces as cousas pode que non saian ben e que hai que
afrontar esas situacións e que sentir tristura non é algo malo. Ademais trata o
tema da morte cando a nai de David lles conta a el e a Branca que o can do
boticario matou ós gatiños de Lúa e que os seu pai enterrounos sen dicirlles
nada para non facerlles dano. Por último, ao final do libro, David explica como
se produce a reprodución dos gatos dunha forma moi inocente e entendible para o
alumnado.
Engadir que no libro fala de cousas
do colexio que farán que os nenos e nenas se sintan identificados e se
encariñen coa personaxe, ademais trata o tema da primeira comuñón e os pecados,
tema co que algúns alumnos e alumnas tamén empatizarán.
Por
todo o anterior considero que é un libro moi completo e que enganchará ás
rapazas e rapaces á lectura, non só polos temas tratados, senón tamén polo
misterio que pretenden resolver e que logrará que facer que os nenos e nenas
queiran ler o libro ata o final para saciar a súa curiosidade.
Podemos
atopar diferentes recursos en liña sobre este libro. O primeiro que atopei está
na páxina literaturasm.com, onde, ademais de aparecer unha breve descrición do
libro, tamén podemos atopar recursos didácticos específicos para o alumnado e o
profesorado. O segundo é un cuestionario sobre a historia publicado polo CEIP
Manuel Rivero, colexio de Lalín, que propón este libro para a súa hora de ler.
Literatura sm. “O misterio dos
fillos de Lúa”. - Literatura SM. [online] Obtido de:
< https://es.literaturasm.com/libro/o-misterio-dos-fillos-de-lua#gref
> [Acceso ]
CEIP Manuel Rivero. Hora de
ler: “O misterio dos fillos de Lúa”. [online] Obtido de:
< http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelrivero/node/565 >
Ningún comentario:
Publicar un comentario