Ficha bibliográfica.
Canosa,
María (2014). Rubicundo. Ilust.
Nuria Díaz. Vigo: Xerais, col. Merlín, serie verde, nº 244, 85 pp. (ISBN: 978-84-99914-821-2).
Esta obra ten un formato de tapa branda, cunha
cuberta na cal podemos encontrar o título do libro, o nome da autora e da
ilustradora e a da editorial. Por outro lado, na contracuberta non temos imaxe,
aínda que encontramos unha pequena sinopse.
Nesta obra cóntase a historia dunha rapaza chamada
Erea, a cal con toda a curiosidade que lle xenera o señor Rubicundo o seu
veciño, trata de resolver a incógnita que el lle produce, xa que Rubicundo era
un home moi estraño que saia todas as noites da súa casa cruzando por un cable
da luz en bicicleta e regresaba a altas
horas da madrugada. Erea intentaba aguantar desperta a que regresara, pero non
o conseguía, unha noite decide sair da súa casa e acompañar a Rubicundo no seu
paseo diario. Erea seguirá investigando ao longo da historia para coñecer o seu
secreto e incluso chegará a formar una amizace con el.
A obra de María Canosa recolle numerosas imaxes no
seu interior, estas imaxes tratan de representar certos momentos que ocorren ao
longo da historia, intentando que os/as lectores/as
traten de imaxinarse de maneira máis profunda o que se está a contar. Polo tanto as imaxes teñen o papel
de apoiar o relato, e adoitan situarse nas páxinas impares ,
aínda que ás veces se sitúanse en ambas as páxinas. Cada vez que isto, ocorre
as imaxes que están en ambas as páxinas configuran
unha unidade de sentido. Ademais, todas estas ilustracións teñen un gran colorido para atraer máis a atención
dos/as lectores/as.
Coa lectura desta obra na Educación Primaria estase a
fomentar o hábito lector, a traballar a lectura visual a través das imaxes e
tamén a curiosidade de nenas e nenos, que se sentirán identificados coa
protagonista e o seu afán por desvelar a identidade do seu veciño.
O libro tratado non conta con ningún recurso
en páxinas buscadas en internet, máis si que podemos encontrar recursos
audiovisuais, iste é a representación teatral, na cal recrease ou intenta
recrearse o libro de Rubicundo, esta representación realízase en lingua galega
por parte do grupo de teatro dos Ghazafhelos.
Recurso
https://www.youtube.com/watch?v=XfbBBAJAgsk&feature=emb_logo
Ningún comentario:
Publicar un comentario