Libro ilustrado con texto de Fina
Casalderrey e ilustracións de Josep Vicó. Na cuberta, de pasta branda, presenta
unha imaxe central na que se observa a unha anciá e unha nena ao carón dunha
mesa, que observan unha pota da que emerxen bólas de xabón. Na parte superior
aparece o título en letras maiúsculas e inmediatamente debaixo os nomes da
autora e o ilustrador. No lateral esquerda da cuberta aparecen os datos da
editorial e da colección. Na contracuberta aparece un resumo do libro.
Xa no interior, as
imaxes ocupan a maior parte das páxinas, mentres que o texto está formado por
frases moi breves. É de sinalar que en cada dobre páxina o texto aparece en
letra redonda e letra maiúscula. A bisavoa non recorda nada. Viste os pantalóns
pola cabeza, fai sopa con xabón, pérdese na súa propia casa... aínda que cada
vez que se achega a bisneta é capaz de expresar con emoción “Ah, es ti!”
A lectura deste libro
ilustrado é interesante para a Educación Primaria por abordar o
drama das familias que teñen membros con alzheimer no seu fogar. Cóntao dunha forma humorística, na que a/o nena/o non
é consciente da enfermidade que padece a bisavoa e do que sofre a súa familia.
Penso que é una actividade moi proveitosa para o alumnado de 6 a 12 anos porque
dalgunha maneira aproxima ao lectorado a unha realidade non doada de abordar e
da que facelos conscientes.
Entre os recursos sobre esta obra saliento: RZ100arte (sd). 12+1 pregunta a Fina Casalderrey. Recuperado de https://rz100arte.com/121-preguntas-fina-casalderrey/, blog no que lle fan preguntas a Fina Casalderrey e que é de interese para coñecer a forma de pensar da autora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario