Aguilar, L. (2008). Orellas de bolboreta. Ilus. André Neves. Pontevedra: Kalandraka, col.
Demademora, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-662-4).
Breve descrición do formato e contido: o conto de Orellas de bolboreta narra a historia dunha rapaza que é distinta aos demais tanto no físico,
polo pelo, orellas,
forma de vestir, complementos etc; como súa forma
de comportarse ante os seus compañeiros e compañeiras de clase. Por ese motivo,
estes facíanlle a burla. Pero para Mara, a protagonista do conto, iso non eran
problemas, xa que o que o resto vían como “defectos” ela o vía como cousas
alegres e boas, mirando, desta maneira,
a parte positiva de cada unha das cosas que lle dicían.
Este conto
está proposto para os primeiros cursos de Educación Primaria, aínda que se pode traballar tamén nos últimos
cursos de Educación Infantil polas súas ilustracións, pero se se ten en conta
as potencialidades educativas, é mellor traballalo para os primeiros cursos de
primaria, é dicir, a partir de seis anos.
En canto á
descrición do formato trátase dun álbum ilustrado cunha cuberta dura, expresamente
de cartoné, na que aparece a protagonista da historia ocupando a maior parte do
espazo, mentres observa unha bolboreta. Tamén
nesta parte dianteira se presenta o título do conto con letras grandes
e que chaman a atención,
o nome da autora e
ilustradora, de maneira máis pequenas na parte superior dereita. Na contracuberta
aparece o nome da colección á que pertence este conto, o ISBN e o código de
barras, entre varias flores como están debuxadas na cuberta. Nas primeiras
follas do libro atópanse debuxos, na
parte superior, unhas casas, simulando o pobo onde vive a protagonista. Continuando
nunha desas páxinas móstranse os dereitos, máis información do libro, o
copyright, os datos de autores e autoras, ilustradores e ilustradoras, o ISBN etc.,
e na outra páxina repítese a portada, na que aparecen outra vez os datos da
cuberta. Este conto está composto por 32 páxinas e unhas dimensións de 22x22cm.
As ilustracións
moi son rechamantes, con cores vivas e contrapostas. As imaxes son a dobre
páxina, mentres que o texto aparece integrándose nestas ilustracións, nas que
se vai situando en diferentes posicións, por veces na parte superior, outras na inferior, utilizando diferentes tipos de letras para diferenciar cando fala a protagonista Mara e o resto
dos personaxes da historia.
Potencialidades educativas: en canto ás potencialidades educativas
que se pode traballar a partir deste conto ilustrado son bastantes os temas que
se poden pór en práctica, pero englobando estes temas, pódese resumir en un: a
empatía. Deste xeito, pódese traballar a autoestima persoal, a diversidade e
interculturalidade, o respecto aos demais e o positivismo. Polo que lendo este
conto se pode falar e realizar actividades, nas que rapaces e rapazas, a
partir da súa propia experiencia, conten e pensen
nos temas que se cuestionan a partir da lectura;
outras nas que manipulen materiais ou traballar a diversidade cultural e
inmigración, facendo especial atención
ás características que van definindo
a Mara: as roupas, as
tradicións, as crenzas, as distintas formas de entender a vida que existen no
mundo, facendo, desta maneira, conscientes que non todas as persoas somos iguais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario