Fernández Paz, Agustín. (2005). 13 anos de Branca. Rodeira. (ISBN:978-84-96352-52-0)
Descrición do formato: Na súa portada podemos apreciar a unha nena de aparentemente 13 anos, escribindo nun caderno deitada enrriba dunha cama. Ao fondo podemos apreciar que se atopa nunha habitación. Ao pasar a portada do libro podemos ver unha extensión da mesma polo interior onde nos aporta un pequeno resumo da obra. Na contracuberta do libro podemos ver a biografía do autor.
Argumento: 13 anos de Branca é unha obra na que a historia xira en torno á figura de Branca, unha nena que acaba de cumprir 13 anos e está encamada por hepatite dende hai xa 9 días, quédanlle aínda por diante 5 semanas e comeza a estar desesperada e aburrida, sen saber xa que facer. O día do seu aniversario a súa nai regálalle un álbum de fotos para que encha con fotos súas. A historia prosegue coas lembranzas da nena deses momentos pasados a partir dos instantes retratados nas imaxes que vai colocando.
Potencialidades: Esta obra é moi adecuada para levar o tema da enfermidade á aula, así como o dos tempos prolongados encerrado na casa, tema de actualidade pola situación Covid e os confinamentos aos que puideron estar sometidos, ou poidan sufrir nun futuro. Con isto, poderíamos traballar os sentimentos que lles invadiron neses períodos ou lles poidan aparecer nun futuro en situacións parecidas así como as diferentes maneiras de sobrelevalo. Pon sobre a mesa tamén a situación de moitos nenos e nenas hospitalizados ou encamados xa antes da Covid e que posiblemente non coñecían, amosándolles unha certa empatía e comprensión destas situacións. Abre así un debate moi interesante dentro da aula no que poder escoitar as diferentes opinións dos diferentes integrantes da mesma así como as súas experiencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario