xoves, 26 de novembro de 2020

DISTANCIAS





Andrés, Tamara e Viso, Marcos (2020). Distancias. Vigo: Galaxia, Varios, 64 pp. (ISBN: 987-84-9151-441-1)



 



    Este libro nada máis miralo decatámonos de que presenta un formato apaisado e as tapas duras.

    Na cuberta encontrámonos xa coa primeira peculiaridade deste volume, o deseño da cuberta aparece en horizontal en vez de seguir o esquema convencional dos libros en sentido vertical. O título vese en letras maiúsculas, de cor vermella, e situado no centro dunha cuberta blanca. Xusto enriba del observamos unha cadeira situada nun elemento que aparecerá despois no interior libro. Situado na dereita e esquerda dese debuxo aparecen os nomes da autora e do ilustrador, respectivamente. Debaixo do título encontrámonos co logo da Editorial Galaxia. Na contracuberta vese unha ilustración rodeada por un verso. Esta imaxe encontrámola nunha paxina do interior. Tamén volve aparecer un logo diferente da Editorial Galaxia.

    Xa na portada observamos o mesmo que na cuberta, pero esta vez a ilustración que separa a autora do ilustrador é diferente. Nesta ocasión é un ollo, que suxire que prestemos atención a calquera detalle, calquera ilustración e calquera verso. O formado apaisado asenta en composicións de dobre páxina, nas que xorde unha ilustración de Marcos Viso e un verso breve de Tamara Andrés, configurándose unha imaxe suxestiva e moi evocadora. Tamén hai que ter en conta que tanto a autora como o ilustrador só fan uso de tres cores: o branco, negro e vermello.







    O libro mediante versos fai un percorrido da autora sobre a súa vida mediante un xogo de diálogo entre os versos e as ilustracións. Comeza facendo referencia ás limitacións da memoria e cóntanos as súas experiencias na etapa de Educación Primaria e Secundaria as súas excursións e os seus recordos dende un suposto eu poético. Seguendo na mesma liña continua facendo un percorrido pola súa vida pero nesta ocasión os espectadores/lectores encontrando similitudes co que conta.

    As ilustracións neste libro teñen a mesma importancia ou máis que o texto/versos, desta forma a imaxes complementan ao texto. Delas hai que comentar que o ilustrador só fai uso de tres cores: negra, vermella e branca do papel. As imaxes/ilustracións son moi simples e en moitas ocasións o texto segue a silueta do debuxo ou introdúcese nel. Os debuxos fan de axuda a visualizacion e continuacion dos versos, xa que en moitos casos cos versos non chega.

    Esta obra literaria considero que non está dirixida só para un público infantil senón que ten ese poder de universalidade de lectores. É unha obra que dependendo en que etapa a leas ten unhas mensaxes ou outras debido ás metáforas. Con isto quero dicir que, dependendo do momento, do estado de ánimo, da idade ou das experiencias propias fas unha interpetación ou outra. Para os nenos e nenas de 6 a 12 anos considero que esta é unha boa obra para que comecen a introducirse na poesía, xa que mediante a combinacion de versos moi breves e as ilustracións pode resultarlle moito máis fácil e interesante, pola capacidade suxestiva de cada dobre páxina.
 
    Considero que a poesía é moi importante para os nenos nesta etapa, xa que estimula a memoria auditiva e a rítmica. Tamén estes potencian a sua memoria visual. Os mestres e mestras temos un papel moi importante, xa que non é nada fácil espertar ese gusto pola lectura. Outro aspecto a destacar da poesía é a promoción de valores éticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...