domingo, 22 de novembro de 2020

Down



Alfaya, An (2001). Down. Ilust. Luis Filella. A Coruña: Tucán, col. Reina Duarte, n.o 160, 133 pp. (ISBN: 84-8116-793-2).


     O libro elixido titúlase Down e foi escrito pola autora galega María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, máis coñecida como An Alfaya. O libro reflicte a visión, entre humorística e inocente dun neno, sobre as vivencias do seu curmán con síndrome de Down.


Salienta a obra por abordar dende o humor e a inxenuidade un trastorno xenético (moi coñecido pola poboación) e normalizar a realidade a través da literatura dende idades moi temperás. De feito, a obra está recomendada para nenos e nenas de entre 5 a 8 anos. Outro motivo da elección é que no futuro quero especializarme na e considero que obras coma esta poderían axudar a moitos nenos e nenas a ser conscientes da diversidade. Como anécdota podo dicir que durante a busca de títulos das autoras e autores participantes no Ciclo de Literatura Infantil “Sen tabús. Ler para pensar”, en canto vin esta obra recordei que este libro o lera na Educación Primaria, cando era unha cativa, e traíame moitos bos recordos, incluso acordábame dalgunhas frases e, sobre todo, da cuberta.


O libro consta dunha tapa dun cor laranxa rechamante, na que se pode apreciar a dous nenos agarrados dunha forma moi cariñosa e cunha planta na man, mentres que ao redor aparecen. Na parte superior da cuberta aparece o nome da colección, o título e o nome da autora, mentres que na contracuberta aparece un breve adianto do argumento.


Antes de comezar coa lectura atopamos unha frase “Ás margaridas azuis, diferentes”. Esta frase, dende meu punto de vista, quere expresar que aínda que a flor sexa da mesma especie e a cor sexa igual, teñen algo diferente, pero segue sendo unha flor.


A obra está dividida en 14 capítulos. En cada páxina atopamos varias ilustracións: plantas, interrogantes, algunhas imaxes de Siro coa súa nai... a verdade que o libro non destaca polas ilustracións, senón polo contido, aínda que aos rapaces e rapazas os debuxos dos contos lles chaman a atención e animan á exploración visual do contido.


Entre as potencialidades da lectura desta obra cabe salientar o respecto co que se aborda a síndrome de down e a mensaxe que transmite de propiciar a reflexión sobre a diversidade e a diferenza, pois aínda que fisicamente sexamos diferentes, todos e todas somos iguais na diferenza.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...