venres, 27 de novembro de 2020

Escarlatina, a cociñeira defunta

 Costas, Ledicia (2014). Escarlatina, a cociñeira defunta. Ilust. Víctor Rivas. Vigo: Edición Xerais de Galicia, col. Merlín, serie amarela, n.º 238, 167 pp. (ISBN: 978-84-9914-739-0).

 


A obra escollida para esta recensión é Escarlatina, a cociñeira defunta. As potencialidades que ten este libro son múltiples. Todos os mortos levan o nome da causa da súa propia morte como se pode observar con Escarlatina, Nicotina, Trombose…


O volume presenta un formato de tapa branda, cunha ilustración na cuberta na que aparecen os dous protagonistas (Escarlatina e Román) cociñando e nun segundo plano aparece un gato negro e unha araña. Ademais, están rodeados de esqueletos. Na contra cuberta só aparece unha breve sinopse da obra. O libro está dividido en 12 capítulos, iniciados todos eles por unha receita do libro de Román, ademais conta cun epílogo.


A obra trata dun rapaz chamado Román que quere ser un dos mellores chefs e pídelle aos pais un curso de cociña. O seu aniversario é o mesmo día no que se festexa o día dos mortos, polo que o seu agasallo ten que ver cos mortos. Neste regalo aparece unha morta chamada Escarlatina e vén coas instrucións para espertala. Esta muller foi cociñeira e deste xeito ela vaille ensinar ao neno receitas e vivir outro tipo de historias relacionados cos mortos.


O libro conta con varias ilustracións que podemos dividir en dous apartados: as receitas de Román e as que recrean escenas do narrado. Nas receitas, a cor da páxina cambia a unha cor máis laranxa; o texto cambia, tanto a forma, o tamaño; hai algúns debuxos moi sinxelos, feitos só con liñas e non están nin coloreados. As outras ilustracións representan a historia do libro, aparecen os personaxes que se mencionan. Algunhas ocupan a páxina completa e outras son máis pequenas. As cores son dunha gama cromática fría, xa que se representa o tema da morte, pero algunhas son máis escuras que outras para dar un ambiente de terror, medo...


As potencialidades que se poden traballar grazas a esta obra son as seguintes: o tema da amizade entre Escarlatina e Román, xa que ambos lles encanta a cociña. Tamén outra amizade é entre a araña e a cociñeira. Obviamente outro tema importante que se engade de maneira is amena é a morte. O avó do protagonista morre e máis adiante na historia atópano no Inframundo e o neno quere permanecer co avó, pero como todos sabemos a morte é irremediable e non se pode revivir aos mortos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...