CASALDERREY, FINA (1996). O estanque dos Parrulos pobres. Ilust. Teo Puebla. A Coruña: Rodeira, Col. Tucán, nº 9, 168 pp. (ISBN: 978-84-8349-098-3).
A cuberta do libro é de tapa branda, presentando o nome da colección. O título da obra con letra grosa e minúscula, o nome da autora e do premio que gañou a obra, o Edebé de Literatura Infantil. A ilustración da cuberta presenta a unha nena na ventá da súa habitación ollando o ceo no que se ve unha lúa chea e estrelas. Debaixo da ilustración aparece o nome da editorial (Rodeira) e o número da edición (9) en minúsculas. Na contracuberta continúa a ilustración, que forma unha mesma unidade coa cuberta, mencionando debaixo dela o premio, a colección, un resumo do conto, a editorial e o código de barras do libro.
O título do libro débese aos paseos que facían Noema e o seu avó a Alameda; alí atopábase un estanque cheo de parrulos, pero Noema dicía que eran pobres porque non tiñan de que comer e sempre lles daba do seu bocadillo.
Narimeira páxina do libro contén o nome da colección, o título (en letra grosa) e menciónase unha vez máis o Premio Edebé de Literatura Infantil. A terceira páxina contén os mesmos elementos cá primeira máis o nome da autora, do ilustrador e da editorial. Na cuarta páxina aparece unha vez máis o contido da portada describindo un pouco máis o premio outorgado á obra, o ano de publicación, onde se sitúa a editorial, a directora da colección, o deseñador das cubertas e a información sobre o ISBN. Na quinta páxina, amósanos unha dedicatoria da autora ao seu pai/avó. Nas páxinas sete e oito aparece o índice, que dá paso aos vinte e dous capítulos.
Esta obra cuxo xénero correspondente é a ficción, trata sobre a relación de Noema Afonso e o seu avó Pablo. Os dous personaxes principais pasan case toda a trama xuntos, van á aldea, votan para as eleccións, pasean pola alameda, bótanlle pan os parrulos que viven no estanque dos desexos... ata que Pablo falece.
Nesta obra, o avó amósalle as cousas que a rodean, para que sexa unha nena madura e preparada para calquera situación que lle aconteza, pero dunha maneira máis ficticia e infantil. Deste xeito, prepara a rapaza para a súa morte, finxindo estar morto e dicíndolle que algún día morrerá e que non quere que ela chore por iso.
O interior do libro conta con numerosas ilustracións levadas a cabo por Teo Puebla, as cales describen situacións do relato. A maioría dos capítulos finalizan coa mesma ilustración, unha especie de cadro que contén dous parrulos, un enriba doutro, que dende o meu punto de vista son a neta e o avó. O resto das ilustracións amósanos situacións que pasan no conto, como por exemplo no capítulo dous vemos a Noema xunto con Tino cunha chea de garavanzos que lle tiran a Dominga; no capítulo tres, Noema acariña a Pancho, o can do veciño Pepe; no capítulo catro, Noema soprando as velas porque cumpre anos o 1 de setembro; no capítulo nove, a cabuxa que desapareceu porque marchou o túnel da moura; no capítulo doce, onde vemos a Noema chorando no seu cuarto debido á trombose que lle deu ao seu avó… ata o último capítulo, onde vemos a Noema coa súa mellor amiga Pili Canosa, as dúas contentas xogando entre sí tras falecer o avó Pablo.
A partir destra obra de literatura infantil, trátanse temas de gran profundidade dende o punto de vista dos rapaces e rapazas nunha aula. A educación emocional e o respecto polos nosos maiores son temas secundarios, fronte ao da morte e a perda, que xorde como os máis relevante.
A través da lectura, os nenos e nenas adquiren valores éticos como o respecto, a xustiza, a virtude cívica e a cidadanía e a responsabilidade por sí mesmos e polas persoas.
En canto a morte, na maioría das familias é un tema tabú que debería de tratarse tanto dentro como fóra da aula, xa que a chegada da morte aos seres queridos provoca dor nos máis pequenos ou incluso algunhas veces toman a morte como algo sen relevancia, pensando que non é nada malo e que volverán ver a ese ser querido.
Por último, é importante mencionar os diversos cursos en liña de acceso aberto en relación a esta obra que podemos atopar en internet. No meu caso, ao realizar a búsqueda, atopei tres recursos que amoso a continuación:
- BOOKTUBER: MATÍAS GONZÁLEZ COMENTA «EL ESTANQUE DE LOS PATOS POBRES» DE FINA CASADELRREY. (2018, 28 noviembre). [Archivo de vídeo]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=CRFFpTBFQzc → un rapaz cóntanos en español latino o resumen da trama do conto de Fina Casalderrey.
- E. (2020a, noviembre 27). O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES II. Recuperado de: http://ocantildaspalabras.blogspot.com/2012/05/o-estanque-dos-parrulos-pobre s-ii.html?m=0 → este enlace lévanos ata un blog estudiantil “O CANTIL DAS PALABRAS”. Nunha das súas publicacións aparece o libro.
- Sánchez, O. (2014, 7 abril). Los alumnos de un colegio de Santiago, protagonistas en la presentación de la última obra infantil de Fina Casalderrey. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/04/07/fina-casalderrey-presenta-ultima-obra-infantil-ante-alumnos-colegio-divino-maestro/0003139686 7730225808612.htm → é unha noticia do periódico de “La Voz de Galicia” que trata sobre un colexio de Santiago. Os alumnos desta insitución presentan a última obra de Fina Casalderrey. O final desta noticia, mencionan o libro “O estanque dos parrulos pobres”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario