mércores, 25 de novembro de 2020

Rubicundo

 A obra literaria elixida para traballar chámase “Rubicundo” de María Canosa.


CANOSA, MARÍA (2014). Rubicundo.Vigo. Ilust. Nuria Díaz. Vigo: Xerais, Col. Infantil e Xuvenil-Merlín, serie verde, nº 244, 85 pp (ISBN: 978-84-9914-821-2).


A obra presenta un formato de tapa branda, cunha cuberta na que predominan as cores frías (azul, negro, branco ou amarelo oscuro) que recrean unha escena nocturna. A parte central está ocupada por unha figura masculina que camiña de costas, ataviado cunha bufanda verde e un traxe negro. Ten un porte de cabaleiro, con sombreiro de copa, un paraugas nunha man e unha caixa na outra. Está acompañado por un gato negro que camiña polas ramas dunha árbore, que ocupa toda a parte dereita da cuberta. Na parte superior da cuberta atópase o logo da colección “Merlín”, incrustado na lúa chea, seguido do título do libro mais o nome da autora en letras máis escuras e debaixo o nome da ilustradora cunha letra máis pequena, mentres que na parte inferior aparece o logo da editorial “Xerais”. 


O argumento xira ao redor dunha nena, Erea, que sentía moita curiosidade polo seu veciño o señor Rubicundo. Non era precisamente polas cousas estrañas que facía, senón máis ben pola súa vestimenta. Así, trata de resolver ese misterio e comeza a investigalo para coñecer a súa verdadeira identidade.


As ilustracións aparecen tanto nas páxinas pares coma impares, na páxina completa ou só na metade. Están moi presentes as tonalidades frías, coma o color azul con estrelas, o que se asemella á noite. Nalgunhas páxinas aparecen en maior proporción e noutras só pequenos debuxos como as follas. 


Entre as potencialidades da lectura desta obra, cabe sinalar a valoración dos pequenos detalles, a apreciación do que nos rodea, a persecución dos nosos soños, os sentimentos, os valores éticos, os prexuízos, as relacións interxeracionais... 


Entre os recursos en liña relacionados, atopei esta peza teatral da obra.

Cultura de Galicia (2002). Rubicundo. Información sobre a posta en escena da peza homónima en Santiago de Compostela. Acompáñase a información co vídeo da posta e escena completa. Recuperado de:https://www.cultura.gal/es/evento/61810/158/70646


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...