Costas, Ledicia e Villán, Óscar (2018). As peripecias de Extravaganzza Pérez. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Sopa de libros, serie verde, nº 66, 176 pp. (ISBN 978-84-9121-317-8).
A obra que
escollín é As peripecias de Extravaganzza
Pérez. Este libro conta a historia de Extravaganzza, unha nena bastante
estraña, cuxos pais son biólogos. Un día os pais marchan de viaxe e a nena
queda soa. Durante un tempo a nena vive tranquila pero ao ver que os pais non a
chamaban preocupouse. Entón a nena colle unha caixa que os seus pais lle dixeran que non abrira. Porén a nena non foi
capaz e atopou uns plans dun globo aerostático tirado por flamengos. A nena
comeza unha viaxe longa e perigosa para atopar aos seus pais.
O formato
da obra é un libro de tapa branda, cunha ilustración na cuberta na que aparece
a protagonista (Extravaganzza) e os catro flamengos acompañándoa. Na contracuberta
aparece unha pequena ilustración dunha tartaruga e a sinopse da obra.
O libro conta con varias ilustracións, nas que aparece a protagonista e animais. Estas
ilustración non son moi realistas, como se pode ver nos pantalóns da
protagonista ou na súa coleta. Xógase coas cores e os tons máis escuros para a
noite. A maioría de ilustracións conteñen cores moi vivas e rechamantes. A
protagonista acostuma ser a figura central, porén os animais tamén aparecen
como máis grandes do que son na vida real.
O que atopei como recurso na web foi unha páxina que traballa coa obra. Ten
unha introdución, o argumento, fala un pouco da autora e o ilustrador, conta os
temas e os valores que transmite, outras obras da autora e páxinas de internet
relacionadas, e distintas actividades para traballar na aula con este conto.
Algunhas
das potencialidades que podemos traballar con este relato son: o tema do amor,
neste sentido filio-paternal. Pódese ver reflectido no cariño que ten a nena cos
seus pais e o preocupada que estaba por eles. Outro contido é a amizade e a
lealdade que teñen os pais cara aos anciáns que protexían os animais. Tamén
incluímos a amizade da nena con todos os animais cos que se atopaba e coas súas
mascotas, catro flamengos. A creatividade percorre toda a obra, un dos exemplos
máis claros é o globo aerostático tirada por flamengos e outro tipo de
inventos. Na miña opinión un dos temas máis importantes desta obra é o coidado
do medio ambiente, salvar os animais en perigo de extinción é a misión dos pais
da nena. Un dos últimos temas que quero mencionar son a iniciativa e valentía
que ten a nena por buscar os seus pais. Ela pretende atopalos soa nun mundo de
perigos e riscos que poden mancala, pero o seu amor cara eles é maior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario