Recensión crítica dunha obra literaria
A miña elección para facer esta recensión crítica é unha obra que tiña pola casa de cando eu era unha cativa. A obra pertence a Fina Casalderrey, titulada Podesvir.
CASALDERREI, Fina (1997). Podesvir. Noemí López. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións, SL. Sotelo blanco infantil e xuvenil, 38 pp. (ISBN: 84-7824-301-1).
Esta obra é un libro ilustrado de tapa branda, con cores moi vivas e rechamantes. Este ten unhas medidas de 20x12, e o seu corpo é de tapa branda, observando na cuberta unha vila moi colorida e tranquila, podemos dicir que transmite tranquilidade observala, ademáis tamén vemos un cartel que ten escrito “Podesvir”. Na parte superior da cuberta tamén se pode leer o nome da autora, o título do libro e o nome da ilustradora, por outro lado, na parte inferior está o nome da editorial. Na contracuberta do libro aparece un pequeno resumo do libro e varios dibuxos dunhas mariposas, ademáis da edirorial do libro e o seu código de barras. Xa no interior, conta con 38 páxinas, nas que o texto aparece sempre nas páxinas impares, mentres que as ilustracións está nas pares. A tipografía é a letra redonda, que se emprega para facilitar a lectura autónoma da infancia.
A historia que nos conta este libro trata sobre un pobo chamado Podesvir, onde o sol e a natureza brillaba e se desfrutaba moito. Pero un bo día todo cambiou coa chegada dunha familia moi avarenta e adiñeirada. Unha vez que esa familia se instalou no pobo as cores vivas deixaron de existir, ao igual que os animais, os anciáns, o sol… o único que se podía ver agora en Podesvir era a cor gris por toda a contaminación que había por culpa desa familia. Finalmente, o fillo desa familia que destruíra o pobo fixo que volveran os anciáns, facéndose o mellor amigo dun e dándolle así alegría e cor a Podesvir, de modo que todo volveu ser coma antes.
As ilustracións deste libro son moi grandes e rechamantes. Están cheas de cores vivas que resaltan á vista. Ademáis, son ilustracións moi básicas e sinxelas, pero que axudan a comprender a lectura, polo tanto as imaxes que aparecen ao longo do libro axudan a comprender o que se recrea na historia, e tamén facilitan a lectura xa que che axudan a ter un pensamento recreado do que vas lendo, para así poder imaxinar o que lees dunha forma máis sinxela. Nas imaxes soen salir os mesmos persoaxes en distintas esceas e paisaxes.
A lectura desta obra ten entre as súas potencialidades o tratamento de temáticas como a contaminación e a economía familiar. Para o lectorado de ata os 8 anos é unha obra divertida, na que se centrarán no importante que son os anciáns nun pobo e na vida dunha persoa, en especial por asociala cos seus propios avós. Para un lectorado de máis idade, a lectura permitiralles reflexionar sobre o prexudicial da acción da familia adiñeirada e tamén no que lle ocorreo a Miguel, a súa soidade e falta de amigos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario