Estévez , Xavier (2015). O corazón da maxia. Ilust. Santy Gutiérrez. Vigo: Xerais, col. Infantil E Xuvenil - Merlín, nº 1, 128 pp. (ISBN: 978-84-9914-819-9).
O libro elixido titúlase O corazón da maxia, unha obra do escritor e profesor galego, Xavier Estévez. O motivo polo cal escollín a obra e porque nel podemos atopar varias potencialidades para a posterior realización da actividade. A razón pola que escollín esta obra é porque se considero que fomentará o hábito lector e contribuirá a facer lectores/as.
O libro consta dunha tapa branda onde observamos os datos relativos ao nome da colección cunha cor laranxa, o título en negrito con letras grosas e grandes e os nomes e apelidos do autor e o ilustrador, case á mesma altura. A parte central da cuberta contén un debuxo cunha gran variedade de cores, onde atopamos a dúas rapazas, cunha vestimenta diferente, dándose a man. A primeira ten posto un pixama e un pano na cabeza e no seu rostro destaca un sonriso de orella a orella, menstres que a segunda ten unha indumentaria que lembra a unha guerreira antiga e o seu rostro reflicte enfado. Na contracuberta aparece un breve adianto do argumento.
A obra está dividida en 25 capítulos, na que a maioría teñen títulos de persoas. As páxinas non conteñen moitas ilustracións, só hai un total de 12 debuxos ao longo da obra. As ilustracións ocupan unha páxina enteira e presentan unha variedade de cores que chama a atención. A letra é grande para facilitar a lectura dos máis pequenos. A historia trata sobre como dúas amigas se enfrontan a unha complicada enfermidade, inventan contos de heroes e dragóns para sobrelevala, no que a fantasía vai pouco a pouco confundíndose coa realidade ata chegar ao desenlace sorprendente que fará aflorar os sentimentos dos pequenos lectores.
A lectura está recomendada para nenos e nenos de 11 anos en adiante e nela abórdase unha temática considerada tabú para a sociedade e sobre todo para os máis pequenos/as, que é o tema da morte, un tema que, dende meu punto de vista, hai que falalo con total naturalidade.
Entre as potencialidades da lectura desta obra salienta o tratamento da enfermidade, a historia dun grupo de nenos/as nun hospital e cmo afronta esa situación; o poder das historias para combater ou perder o medo, pois Laura coa invención dun conto consegue que Mistre pase mellor noite e acepte a súa estancia no Hospital; e o tema, amor e morte, nos que o personaxe de Samuel é o contrapunto que encarna estes dous absolutos: o irremediable da morte e o máxico do amor.
Para finalizar o análise do libro, esta é unha novela moi recomendable no que o autor fala das emocións sen caer na sensibilidade, á vez que constrúe unha historia paralela do xénero fantástico, e que está ilustrado con traballos cheos de cor e viveza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario