O libro que
seleccionei para a realización desta recensión crítica foi Nolo e os ladróns
de leña de Fina Casalderrey. Escollín esta obra xa
que tiña un exemplar na miña casa porque
fora de lectura obrigatoria en Educación Primaria e tiña un bo recordo dela.
CASALDERREY, Fina (2004).
Nolo e os ladróns de leña. Ilust. Teresa Novoo. Madrid:
Edicións SM, O barco de vapor, [64 pp.]. (ISBN: 84-348-6163-1).
Esta
obra encóntrase en impresa en papel, cunhas medidas de 19 x 12 cm e cunha
encadernación rústica, é dicir está constituído por dúas partes: a cuberta e a
contracuberta. Na cuberta aparece reflexado o título da obra, o nome da autora,
a editorial e unha ilustración na
que aparece Nolo rodeado de rapaces sentados nun banco debaixo dunha árbore.
Mentres que na contracuberta aparece un resumo do libro e unha breve biografía
da autora xunto con unha ilustración de Nolo deitado nunha nube.
O argumento xira ao redor de Nolo, un home moi maior e gordo que todas as
nenas e os nenos do seu pobo adoran. Vivía nunha casa antiga co seu can Rufo.
Nolo tiña un banco propio na praza do pobo e os nenos ao saír do colexio ían
sempre xogar con el. Un día Nolo decidiu marchar ao ceo e os nenos deixaron de
ir xogar. Nese momento comezou a desaparecer a leña das casas e tamén as cousas
da casa de Nolo, incluso desapareceron os nenos. Os veciños do pobo non
entendían nada, pero o can de Nolo guiounos ata onde se atopaban os nenos e a
leña. As nenas e os nenos decidiron crear unha escaleira con toda a leña para
poder chegar ao ceo e así darlle a Nolo as súas cousas, xa que non as levara
con el.
As ilustracións desta obra son útiles para ir entendendo mellor a obra,
trátase de debuxos con cores moi vistosas creadas por Teresa Novoa. Son de
carácter figurativo, en tons cálidos.
Con esta obra
as nenas e os nenos poden achegarse a unha temática considerada tabú, como é á
morte, e facelo a través dunha historia amable e divertida . Pode resultar útil
para que comecen a ver a morte como parte da vida que é algo que nos vai a
pasar a todos e ninguén se vai librar dela, polo que se debería falar e que o
miren como algo normal e inevitable. Ademais da morte tamén aparecen cuestións
como as relacións interxeracionais, a imaxinación dos máis novos, a
solidariedade, a idea de comunidade e de relacións sociais....
Ana Céspedes
Ningún comentario:
Publicar un comentario