O libro seleccionado para a
realización desta recensión crítica é Cando
a terra esqueceu xirar de Fina Casalderrey. Escollín
esta obra xa que tiña un exemplar
na miña casa porque
foi un libro de lectura obrigatoria en Educación Primaria e tiña un bo recordo del.
CASALDERREY, Fina (2002). Cando
a terra esqueceu xirar. Ilust. Óscar Villán. Madrid: Edicións SM, O barco
de vapor, [64 pp.]. (ISBN: 978-84-3488-674-2).
Esta obra encóntrase impresa en papel,
cunhas medidas de 19 x 12 cm e cunha encadernación rústica, é dicir, está
constituída por dúas partes: a cuberta e a contracuberta. Na cuberta aparece
reflectido o título da obra, o nome da autora e do ilustrador, a editorial, o
logo da editorial e unha ilustración dunha nena cun globo terráqueo apoiado nun
dedo. Pola contra, na contracuberta contén o código de barras, un resumen do
libro, o título da obra, o nome do autor e a idade recomendada do libro. Por
outro lado, o libro contén unha dedicatoria dirixida a Mariano, Marcos e a
Rocío na páxina antes do comezo da historia.
Este libro conta a historia do día en
que a Terra se esqueceu de xirar provocando así que a metade da Terra
estivese nunha continua
noite e a outra metade
pola contra encontrábase nun día continuo. Os
habitantes de ambas as zonas estaban xa cansos desta situación, pero non
encontraban ningunha solución para esta problemática. A solución a este
problema chegou cando os habitantes das dúas zonas se uniron e camiñaron ao mesmo tempo sobre a Terra para que espertase e
comezase a xirar como o facía.
En canto ás ilustracións de Óscar Villán
que aparecen neste libro son debuxos de carácter
figurativo con cores moi vistosas que axudan á comprensión da lectura.
Con
esta obra as nenas e os nenos reflexionarán sobre a importancia do traballo en equipo
para a resolución de problemas. Tamén aborda temas transversais como son a paz,
a convivencia e a cidadanía e á vez promove a toma de conciencia medioambiental,
a importancia de coidar o planeta e dos posibles efectos do cambio climático.
Ana Céspedes
Ningún comentario:
Publicar un comentario