martes, 1 de decembro de 2020

O segredo de Zoe



 

 O libro que escollín é O segredo de Zoe. Esta lectura a escollin porque a autora é moi importante na lectura para Educación Primaria. Este libro o encontrei na Biblioteca Rosalía da Universidade de Vigo. No tocante á idade para ler esta obra, nalgunhas páxinas aparecía que había que lela a partir de 5 anos, pero noutras puña que entre os 9 e os 12 anos. Aínda que pola escritura bastante sinxela, a densidade de imaxes e a historia en si, o alumnado que creo que debería ler este libro sería 2º ou 3º de Educación Primaria.

 

Casalderrey, Fina (2016). O segredo de Zoe (1ª ed.). Ilust. Marina Seoane. Vigo: Tambre, col. Ala Delta, serie vermella, nº 23, serie vermella (a partir dos 5 anos), 40 pp. (ISBN: 978-84-9046-145-7).

No tocante ao formato do libro, este caracterízase por ter unha tapa branda e unhas dimensiones de 20 X 13 cm. Na cuberta do libro atópase unha imaxe da protagonista do libro, Zoe, nun bote pescando no mar, ademáis do nome da obra, da autora, da ilustradora, da editorial e da colección á que pertence. Na contracuberta hai unha sinopse do libro, unha descrición da autora e a recomendación de idade. No interior do libro está básicamente a mesma información que na cuberta, pero ten tamén os créditos da obra. Neste relato non hai capítulos, xa que está toda a historia seguida. Por último, a letra é bastante grande, o que pode axudar aos nenos de Educación Primaria a ler o libro de forma amena.

A trama do libro comeza cando Zoe queda durmida na súa habitación e á maña seguinte atopa un ovo de chocolate con sorpresa dentro. No comezo tamén descóbrese que Zoe quere gardar un obxecto que considera que é un tesouro. Zoe dinlle á sua nai se lle confesa o seu segredo pero ela non o fai, así que Zoe vai á escola. Ao volver a casa descobre que a súa nai está facendo unha comida que a elas non lles gusta. Nese momento entra o seu pai e dalles un abrazo. Nese momento dase conta de que a Zoe lla falta un dente, polo que comeza a lamentarse por perderse tantos momentos importantes da súa filla debido ao seu traballo (pescador de alta mar). Zoe dalle o seu tesouro ao seu pai, que é o primeiro dente que lle caeu.

As imaxes que ten o libro aparecen en todas as páxinas despois dun anaco de texto. Hai debuxos que recrean un momento da historia, como por exemplo imaxes dos personaxes ou pensamentos de Zoe.

As potencialidades que considero que serían relevantes para o alumnado son as relacións afectivas, xa sexa no sentido da evolución das persoas ou centrarse máis nas relacións en si. Tamén se podería tratar a vida dos mariñeiros e a evolución das súas condicións, estando máis centrado nas Ciencias Sociais. Por último, xa centrados nas Ciencias Naturais, tratar os motivos polo que os dentes dos nenos se caen, aínda que este último seguramente sería máis adecuado tratalo con alumnos e alumnas de cursos máis avanzaos

Finalmente, o recurso en liña que atopei neste libro é o seguinte:

      ROIG, B.-A. (dir.) (2016). Informe de literatura 2004. Recuperado de http://www.cirp.gal/rec2/informes/upload/ver/inf2004/InformedeLiteratura2004.pdf


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...