sábado, 26 de decembro de 2020

Zoa e Azor

                                                                                             Autor: Jose Luis Pavón Requejo

Materia: Didáctica da lingua e literatura: Galego

Profesora: María Isabel Mociño González

Este libro de xénero dramático, pertence a unha amiga e compañeira de clase que non dubidou en recomendarmo debido á dura mensaxe que transmitía. 

Eu de antes xa coñecía á autora An Alfaya de ler obras súas de pequeno pero nunca souben de “Zoa e Azor” ata agora. 


  • Alfaya, An (2006). Zoa e Azor. Ilustradora Montse Español. Vigo : Editorial TAMBRE (Edelvives), col. Ala Delta, serie verde , nº 14, 127 pp. (ISBN: 978-84-88681-47-8)

Volume en galego de tapa branda, de dimensións pequenas (19 cm x 12 cm), cunha encuadernación rústica. A cuberta contén: o seu título; o nome da autora; a editorial; a colección; e unha ilustración colorida onde vemos a un neno xunto un cabalo e unha egua.

Na contrapartada, dividida por cuadros verdes e brancos, aparece: un breve resumo do contido, unha breve biografía de An Alfaya onde comeza ca súa formación, relata a súa primeira obra infantil e finaliza cunha obra súa recomendada; a idade a partir da que está recomendada esta lectura; e por último o código do ISBN. Na cabezada está o número do libro, neste caso é o número 14; no lombo comezando pola parte superior cara a inferior temos o título, o nome do autor e a Editorial TAMBRE. Xa no interior, a primeira páxina que normalmente está en branco, contén a firma e dedicatoria para Laura, a propietaria do libro; aparece unha dedicatoria da autora a Tania e Mario xunto cun poema de Leon Tolstoi titulado “ Historia dun cabalo”; por último, o índice está ao final, na última páxina. O argumento cóntanos a dura historia dun neno que é rexeitado debido a non facer o mesmo ca xente da vila; él prefire escribir poemas, dedicarse aos versos como din o seu profesor Cusme, unha das únicas persoas co apoia. O protagonista chámase Silvano, non ten amigos e incluso sufre certo acoso por parte do seu curmán Tomás; ademáis, leva anos sen ser comprendido polos seus pais causando unha gran soidade nel. Todo cambia ca chegada dun estranxeiro á vila chamado Omar, un gran actor de teatro montado no seu cabalo, Azor. Silvano conectou moi ben con él pero aínda máis con Azor, tanto, que ofrecéronlle traballar na compañía coidando dos cabalos. Chegou a coñecer á súa filla: Tatiana, da que namorou perdidamente; e a súa muller: Uriel. Ela igual co seu marido, tiña unha egua chamada Zoa, compañeira de vida de Azor. Por desgraza, Tomás pensaba que Silvano desprezara aos seus debido ao non frecuentar a vila e estar máis polo teatro; polo tanto decidiu facer unha maldade moi grande. Na última actuación da compañía de teatro, Tomás soltou aos cabalos pola estrada e Azor foi atropelado; debido as feridas, morreu. A culpa sempre foi de Silvano porque era o que estaba ao cargo, pero nunca se descubriu ó verdadeiro culpable. Tiveron que pasar dous anos para que Tomás fora descuberto da súa fechoría debido a que unha noite, nun intento de queimar a Zoa, delatouse a él mesmo. De toda a vila que estaba apagando o lume do cuberto da egua, só o pai de Silvano creu nel. O resto da xente pensaba que Tomás perdera a razón debido á brecha que tiña na cabeza da defensa que impuxo Zoa. Finalmente, Tatiana escríbelle unha carta a Silvano decíndolle que ten moitas gañas de velo e que ademáis, volverán a por Zoa, xa que déronse conta de que él non tiña nada que ver ca morte de Azor.

Centrándome nas ilustracións, unha das características principais de Montse Español é o debuxo, xa que leva moitos anos debuxando historias. Neste caso, as imaxes son en branco e negro moi semellantes a un debuxo feito en papel. Pódese apreciar nos trazados, nas líneas, nas formas… Ainda que non sexan imaxes reais, a calidade é moi boa xa que distínguese perfectamente o que se está a facer en cada unha delas e axudan a meterte máis na escena. Dende o meu punto de vista, é un libro con bastantes potencialidades xa que o neno ou nena entende perfectamente e pódese meter máis fácil no papel de Silvano. Non ten unha linguaxe complexa, polo tanto a doada lectura cun vocabulario apto para as súas idades xunto cas ilustracións, axuda e incentiva a imaxinación dos nenos e nenas para meterse dentro da escena ademáis de activar os seus coñecementos previos. Durante toda a obra encontramos diversas emocións negativas como o medo, a soidade, o desacougo, a impotencia, etc. Pero tamén encontramos emocións positivas coma a confianza, alegría, o amor… Todas estas emocións e importante traballalas cos nenos e non facer como facían os pais de Silvano, que pasaban del e do que sentía. Non temos que eliminar as emocións negativas senon que temos que ensinar a aprender delas mentres que reforzamos as positivas. Esto nun futuro outorgará máis vantaxes que desvantaxes ao noso alumnado. O libro tamén trata o tema do acoso pero neste caso por parte dunha persoa coñecida, o curmán. Pareceume moi cruel pero todo é posible, polo tanto, debemos prepararnos sempre para este tipo de situacións e non pasalas por alto. Debemos explicar que nunha situación así o primeiro que temos que facer é plantar cara ademais de avisar posteriormente a un adulto. Coma futuros docentes non debemos tolerar ningún tipo de comportamiento así na nosa clase. Outra potencialidade a salientar é o rexeitamento social que ten Silvano por ser diferente, por escribir poemas. Este comportamento xunto co acoso debemos de cortalos inmediatamente xa que cada un é como é, e o primeiro a ensinar nunha aula é respetarse mutuamente.

Por último, non atopei recursos en liña desta obra. Esto non signfica que nós coma futuros docentes non inventemos as nosas propias actividades a traballar na aula co noso alumnado xa que a través delas poderán reforzar os obxetivos e contidos do libro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...