A encontadora - Ann Alfaya
Alfaya, Ann e Ferrín, Chus (2003). A encontadora. Vigo: Xerais col Merlín, nº 132, 107 pp (ISBN: 84-8302-965-0).
O formato físico desta obra trátase dun libro de tapa branda. Na parte superior da cuberta, encontramos o nome da colección á que pertence: Merlín, co seu logo correspondente; debaixo, aparece nun recadro o título da obra, e, no mesmo tipo de letra mais nun tamaño inferior, encontramos o nome da autora, e baixo dela, nun tamaño menor e en letras menos resultantes, o nome da ilustradora. Na parte inferior da cuberta encóntrase o nome da editorial co seu logo. De fondo, observamos unha ilustración na que aparece o bote con boliñas de cores que ven reverenciado na historia, nun fondo verde e azul e unha liña ondulada que recorre toda ela. A propia cuberta dóbrase e forma unha solapa onde aparece a biografía da autora e da ilustradora.
A primeira páxina trátase dunha garda branca. A parte de atrás desta serve de páxina de créditos. Seguidamente encontramos a páxina de título de créditos a cal é igual ca cuberta, pero está en branco e negro e a ilustración esta feita mediante o puntillismo. Na seguinte páxina aparece a quen adica o libro a autora e unha estrofa do poema Azúcar, da obra: Planeta Humano (Veinte cuentos).
As seguintes páxinas trátanse da historia. Todas as páxinas conteñen un debuxo na parte superior reverenciando as bolas de cores e a carpa dun circo. A páxina seguinte ao conto é a do índice e, a continuación, dúas páxinas nas que están recollidos todos os títulos das obras da colección Merlín. Por último, encontramos a solapa da contracuberta na que aparecen algúns títulos de obras da mesma autora. A contracuberta conten a sinopse da historia, o ISBN, un letreiro no que especifícase que a obra foi finalista do premio Merlín 2002, a editorial e a idade recomendada (9 anos) nunha franxa verde que segue no lombo do libro, onde tamén encontramos o logo da editorial, o número á que pertence na colección (132); o título e o nome da autora.
A continuación relataremos o argumento do libro. Crispín é o avo de Xulia; vive con ela e os seus pais dende que é viúvo. Dende fai un tempo, Crispín adicase a observar polo balcón á súa veciña Eleanora, quen conversa todos os días con Gloria, quen o noso protagonista non ve, e intenta adiviñar de quen se trata. Un día, os dous veciños coñécense, e ela convídao a el e a Xulia a pasar unha tarde no seu piso para contarlles contos e tomar a merenda. Despois dun tempo, Crispín decide a aceptar a invitación do seu novo interese amoroso. Na tarde que pasan os tres xuntos, Eleanora cóntalles que de xove foi encantadora de serpes e contadora de contos no seu circo familiar. Gloria, foi a súa serpe, quen segue no seu corazón, polo que segue falando con ela habitualmente. Despois de dita cita, Crispín e veciña comezarán unha bonita relación diante dos ollos dos seus familiares quen se senten orgullosos de que poidan atravesar o muro do amor da xente de idade avanzada.
O libro tan só conta cun total de 10 ilustracións repartidas por todo o conto, estas representan algunhas das escenas relatadas na historia. Sen elas o conto segue tendo completamente sentido mais se so estiveran as ilustracións non conseguiriamos entender cal é a historia escondida detrás delas. Trátanse de debuxos con cores fortes, puntos de vista atrevidos e formas estrafalarias. Trátase do propio estilo da ilustradora, quen non trata de maneira realista os espazos e as figuras, senón que se centra máis na expresión delas.
Este libro está dirixido para nenos e nenas de máis de 9 anos polo que centraremos as potencialidades no 5º curso de Educación Primaria. No contexto educativo e tendo en conta o currículo, a lectura de A encontadora pode abordarse na materia de lingua e literatura, no Bloque 2: comunicación escrita: ler, para traballar estándares de aprendizaxe como son a mellora das estratexias de descodificación de palabras de maneira rápida e sinxela en diferentes tipos de textos; amosar interese pola lectura e comprender esta como un medio de información, de comunicación e de lecer.
Algúns dos temas transversais que este libro nos permite traballar son a vellez e o amor entre as persoas maiores: o noso protagonista é unha persoa de avanzada idade e rompe co tabú de volver a encontrar o amor aos seus anos. Podemos ver como Crispín, dende un principio, é remiso a deixarse levar polos seus sentimentos, pero vemos como Eleanora, que é unha persoa que non lle ten medo ao amor, é quen dirixe a relación, loitando por ela ao percatarse da reticencia do seu compañeiro.
Outro tema transversal que se trata neste libro é a tristeza pola perda dos seres queridos. Vemos de primeira man como Crispín segue recordando con gran ledicia á súa esposa, e como segue falando dela con paixón e dozura. O que a escritora amosa sobre este tema é que aínda que Crispín comeza unha nova relación con Eleanora, xamais se esquecerá da súa esposa. É por iso que o noso protagonista comeza a historia sentíndose culpable e pensando que traizoa a sua defunta muller, pero a medida que pasa o tempo, este sentimento muda e o noso protagonista entrégase ao amor, deixando que Eleanora entre na sua vida, dando así a entender ao lector, que é normal e bo refacer a vida despois da perda dalgún ser querido.
Por último, resaltar tamén a guerra e o circo como temas a traballar na clase co alumnado ao estar referenciadas nas vidas de Crispín e Eleanora.
Entre os recursos en liña nos que aparece citada a obra cabe sinalar unha noticia de prensa do diario La voz de Galicia na que se fala da publicación da obra e a súa presentación no Salón do Libro Galego en Compostela, no 2003.
Tamén cabe destacar un documento realizado pola editorial Xerais, no que se encontra a ficha bibliográfica, datos sobre a autora e a ilustradora, as temáticas que trata, e diferentes actividades para os nenos e nenas sobre a lectura. Na páxina web da mesma editorial tamén podemos atopar unha entrevista da autora na que fala da súa vida como escritora citando algunhas das súas obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario