xoves, 14 de xaneiro de 2021

A máscara do león.

 A MÁSCARA DO LEÓN

 

 A obra literaria elIxida é A máscara do León.

DEL MAZO, Margarita (2009). A máscara do león. Pontevedra:  OQO, col. O, 48pp (ISBN: 978-84-9871-539-2).

A obra ten unhas dimensións de 25x23. A súa cuberta chama a nosa atención xa que as cor empregada para ela é o vermello, nela amosase ao protagonista coa súa máscara de cores intensos como o azul ou o amarelo. O título, aparece na cima dunha árbore en con negro, para que resalte, atópase dentro dun fondo branco. Na contracuberta continúa o corpo estirado do león, este é de cor azul, e o fondo é vermello.

Na garda anterior, nun fondo branco, xogan o león e a cebra entre follas que caen. Estes están ilustrados tan só coa súa silueta en vermello, na garda posterior atopamos a mesma ilustración coa diferenza de que nesta ocasión os dous amigos aparecen na outra páxina.

Na portada aparece o título, coas letras en cor negro, nesta páxina, vemos ilustrado un paxaro que leva no pico o que pode ser a máscara. Na contraportada, atopamos indicada a editorial á que pertence, o ISBN, o título orixinal e a dedicatoria entre outras. O fondo onde se atopa a información é branca agás unha árbore sobre a que se atopa un mono que mira con desconcerto ao paxaro.

 

Ésta obra conta a historia dun cativo León e do seu pai. O Leonciño tiña moitos amigos e caracterizábase porque sempre estaba rindo. O seu pai non estaba moi contento co seu comportamento, xa que quería que o seu fillo fora un temible Rei da sabana, pero esa non era a intención do leonciño: el tan só quería xogar, rir e ser feliz cos seus amigos. Ante o temor de que non fora un bo Rei, unha noite o seu pai mandou construír unha máscara terrorífica para colocarlla sen que se percatase mentres durmía. Cando espertou foi onda os seus amigos pero estes comezaron a correr, estaban atemorizados e non entendía porqué. O Leonciño convertírase no máis temido da sabana pero non era feliz, volveuse triste e o sorriso desapareceu da súa faciana.

Unha tarde o leonciño, desesperado, escondeuse entre as herbas para saír correndo dentrás da súa amiga, unha cebra, e xogar a pillala como facían sempre, cando a alcanzou comezou a facerlle cóxegas e riu, riu tanto que a máscara rachou e todos o recoñeceron. 

Todas as ilustracións da obra caracterízanse colorido, en particular os cromatismos máis empregados son o vermello, o amarelo e o azul. Estas cores acentúan e acompañan a intensidade da historia tanto nos momentos máis alegres coma nos máis tristes. Os personaxes secundarios, como poden ser os amigos e as amigas do leonciño, aparencen representados coa mesma importancia que o protagonista, porén algún outro animal ao que non se lle dá tanta importancia, aparece simplemente perfilado sen cor para que pase desapercibido. 

A máscara é o obxecto que máis destaca na historia, non só polo contexto senón que as cores que a forman provocan que destaque por enriba de todo o que teña arredor.

Esta obra na miña opinión ten moito trasfondo e considero que é importante que as nenas e os nenos de Educación Primaria a lean e reflexionen sobre o seu contido. Ben é certo que o formato da lectura escollida está enfocada a alumnado de primeiro curso, aínda que a historia é apta e necesaria para todos os cursos deste ciclo educativo. 

Entre as reflexións que propicia a lectura deste álbum cabe citar que os máis cativos entenderán a importancia que ten socializar e ter amigos cos que rir, xa que iso che proporciona felicidade. Para os máis maiores hai outra reflexión tamén moi importante: a relevancia de non cambiar a túa forma de ser, por moito que outros esperen que cambies, non sempre poderás darlles esa satisfacción, tes que ser, quen ti queiras ser.

Entre os recursos que se poden atopar na rede sobre A máscara do león cabe citar distintas lecturas da obra, como a que fan uns rapaces de 5º de Educación Primaria. 

Esta lectura ten máis opcións, outra delas é visualizar un filme creado polos alumnos do CEIP Prulilingüe A Pedra, a cal foi unha das gañadoras no Ourense Film Festival Escola 2016 na categoría “Centros de infantil e primaria”.  https://vimeo.com/225342510 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...