Para esta cuestión afirma, dende un ton máis ben cómico, que incluso dende antes de aprender a ler. Posteriormente prosigue afirmando que o seu pai traíalle libros todas as fins de semana cando ela aínda era pequena. É así como pouco a pouco se afecciona ó mundo literario. Ademais, indica que seu pai mandáballe facer outras tarefas antes de ler, o cal molestáballe un pouco por non poder ler ata rematalas. Finalmente, afirma que grazas a todo isto e co paso do tempo, comezou a gustarlle case sen darse conta.
Proseguimos preguntando cando comezou a roldar pola súa cabeza a idea de ser escritora:
Ante esta segunda cuestión asegura que comezou a escribir polos nenos, facéndose así escritora despois de ser mestra e grazas a esta profesión. Comezaría así o seu camiño coa realización de obras de teatro para representar co seu propio alumnado. Ademais, engade que o realizar encontros con escolares déixana con moitas ganas de manterse nese camiño. As veces bota de menos non poder acceder a iso por culpa do que estamos a vivir.
Logo indagamos sobre a súa obra literaria favorita:
Esta vez afirma que realmente non ten unha obra literaria favorita para salientar por enriba das demais. Asegura desta forma que en verdade gústalle toda a literatura popular Galega, en parte gracias ó seu pai (como vimos anteriormente) e á súa tía Esmeralda.
No tocante á cuarta pregunta, interesámonos polo libro que leu e que máis te marcou:
Seguindo una liña continuísta con respecto a cuestión anterior, podemos afirmar que non ten unha obra que realmente lle marcara máis que outra. Aínda así, pódense destacar as obras que o seu pai lle regalaba de pequena, pois foron as cales a introduciron no mundo literario, polo menos como lectora.
Xa no ecuador da entrevista, preguntámoslle cal é o libro que escribiu que máis lle marcou ou do cal está máis orgullosa:
No tocante á obra da súa autoría da cal se sinte máis orgullosa, comeza falando en primeiro lugar de Estanque dos parrulos pobres, pero asegura inmediatamente que en realidade ten moitas obras que lle gustaría que todos e todas lésemos.
Proseguimos indagando sobre como foi o proceso de colaboración co ilustrador Manolo Uhía para as ilustracións da obra O misterio dos fillos de Lúa:
O proceso de colaboración con Manuel Uhía, afirma Fina, produciuse grazas a unha recomendación que a protagonista do Día das letras Galegas en 2018, María Victoria Moreno, lle fixera no seu día. Tras isto traballaría con el de maneira satisfactoria, destacando que ademais de un enorme ilustrador é unha moi boa persoa.
Continuando coa mesma temática, preguntámoslle se hai algún ilustrador que lle chamara a atención na súa forma de traballar:
Á hora de responder a nosa sétima cuestión, comeza por falar da recomendación antes citada que María Victoria Moreno lle fixera no seu momento. Falamos entón de que un dos ilustradores que lle chamou a atención tras traballar con el foi o propio Manuel Uhía. Pese a iso, non sempre puido elixir con quen traballar, pois hai editoriais que non deixan escoller isto polo feito de que existen diferentes ilustradores segundo os distintos intereses ou temáticas.
Sorprendeulle tamén a portada da súa obra Un misterio na mochila de Alba, de Xosé Cobas, a cal lle encantou. De feito durante a entrevista levaba un chapa da propia obra que lle regalaran. Porén, conclúe con que hai moitos ilustradores que lle encantan realmente, xa sexan partícipes nas súas obras ou non.
Debido a súa estancia simultánea nos campos da docencia e da escritura, cuestionámonos se prefire dar clase ou escribir libros:
Fina pensa ó escoitar esta pregunta que en verdade nunca houbera chegado a ser escritora se non se fixera mestra antes, pois o alumnado formaba parte da súa vida e foi clave para que comezara a escribir, como xa dixo anteriormente. Afirma tamén, que dando clase aprendeu máis do que ensinou, e que os encontros con escolares déixana con moitas ganas de manterse nese camiño, botando as veces de menos non poder acceder a iso por culpa da situación actual.
Finalmente, asegura que non é capaz de elixir entre as dúas opcións, pois gústanlle e bota de menos ambas e non concibe unha sen a outra. Compara esta cuestión con preguntar se prefires a papá ou a mamá.
Antes de rematar, interesámonos polo seu traballo na actualidade, en canto posibilidade da escritura dalgunha nova novela:
Nos últimos anos, afirma, non estivo involucrada en tantos proxectos coma en tempos pasados. Aínda así, di que algo fixera. Estivo mergullada no mundo musical, pois un músico da Real Filharmonía de Galicia pediulle colaboración para os cuartetos de Mozart co fin traer ó músico á Galicia da actualidade.
Respecto a obras literarias non confirma estar realizando ningún proxecto, asegurando que mellor facer as cousas o antes posible.
Por último, tivemos curiosidade sobre o seu traballo na RAG:
Fina Casalderrey afirma que aprendeu moito durante a súa andadura como académica, asegurando ademais sentirse orgullosa de ser unha das poucas representantes do xénero feminino dentro de institución.
Entrevista completa:
Bibliografía:
Casalderrey, F. (2020). Biografía. Fina Casalderrey: web oficial de la escritora gallega. Recuperado de https://fina.casalderrey.com/es/biografia-2/
Rodríguez, A. (2015, 8 de Marzo). Fina Casalderrey: «Me preocupa la actitud de algunas chicas de hoy a las que les gustan "los malotes"» [ABC] Recuperado de https://www.abc.es/local-galicia/20150308/abci-entrevista-fina-casalderrey-literata-201503081543.html
- Sheila Fernández Vilanova
- Manuel Garrido Álvarez
- Fabio Antonio González Iglesias
Ningún comentario:
Publicar un comentario