A entrevista foi realizada a un Docente de Lingua e Literatura Castelá do instituto santiagués IES Arcebispo Xelmírez II, onde se lle preguntou sobre a súa opinión e experiencia coa propia lingua.
A persoa á que se lle realizou a entrevista foi a Daniel Seara González, un novo docente e titor que imparte a materia de Lingua e Literatura Castelá ao curso de 2º de Bacherelato do IES Arcebispo Xelmírez II.
En relación aos seus estudos son: un Grao en Lingua e Literatura Castelá, que foi obtido na USC (Universidade de Santiago de Compostela) e destacar entre outros tamén o dun nivel B2 de inglés obtido na EOI (Escola Oficial de Idiomas). Outra cousa a detacar na súa traxectoria previa ao ámbito educativo é que antes de ser docente no instituto onde traballa na actualidade, durante varios anos traballou nalgunha academia tamén como profesor, ademais de que durante os seus anos como estudante foi monitor de tempo libre na Asociación Xuvenil Amencer.
O motivo polo que se decidiu realizar esta entrevista a un docente que a priori non se relaciona co concepto de Lingua e Literatura Galega na Educación Primaria é porque, a diferencia da gran cantidade de entrevistas que existen sobre os prexuízos e a situación do galego fronte o castelán, que sempre son contadas, analizadas e tratadas dende o punto de vista do docente de Lingua Galega, neste caso queremos abordar o tema dende a perspectiva oposta, que é a do docente de Lingua Castelán e coñecer a súa opinión sobre o galego tanto dentro coma fóra da aula.
A transcripción da entrevista é a seguinte e consta dun total de 9 preguntas que se poden atopar a continuación:
Fálanos un pouco da túa experiencia dentro da aula.
A miña experiencia dentro da aula é que hai máis ou menos o mesmo número de rapaces que falan galego e castelán, incluso diría que hai máis rapaces que falan en galego. Incluso moitos deles nas propias clases de lingua castelá non se dan conta e falan en galego. Maioritariamente incluso diría que sí, que son máis en galego que en castelán. Creo que en parte tamén influe un pouco que moitos deles non son propiamente dunha zona urbana. O instituto está nunha zona urbana, pero ao chegar ao bacharelato moitos deles, que son de concellos de arredor, teñen que vir a ese instituto, e eu creo que eso influe á hora de falar galego ou castelán, aínda que en Santiago hai prácticamente unha igualdade entre ambos.
Dos teus compañeiros e compañeiras docentes hai unha predominancia máis de galego ou de castelán?
Máis de galego, en xeral máis de galego, a maioría son galego falantes. Falando, a inmensa maioría son galego falantes, incluindo por exemplo o equipo directivo... Sí, son galego falantes. Predomina máis o uso de galego. Hai bastantes que son castelán falantes pero maioritariamente galego falante, maioritariamente.
Existe moito prexuizo de que o galego só se fala en pobos. Das persoas que falan galego no teu colexio, a maioría veñen de pobos ou tamén os hai de cidades?
Hai tamén de cidade, pero eu diría… Vamos a ver, sen ter unha idea moi exacta diría que a maioría dos que o falan son das vilas de arredor de Santiago. Eu diría que sí. Hai de cidade que tamén o falan pero non son un número tan elevado.
Que facedes os membros do profesorado para manter un bo nivel de galego do alumnado?
Pois hai un equipo de dinamización lingüística que se encarga de facer actividades con eles, moito tamén se fai polo día das letras galegas, pero agora mesmo non che sabería falar das actividades. Tería que comprobar. Agora mesmo tal e como está a cousa moita cousa máis alá do que son as clases habituais non se fixo.
En condicións normais qué cres que pode faltar ou sobrar nese sistema?
Eu diría que o que habería que facer dunha vez era reinstaurar por completo todos os prexuizos, todos os prexuizos lingüísticos que pode haber en torno ao galego. Son linguas, necesítámolas para comunicarnos e calquera lingua é igual de válida. Non pasa nada, cantas máis linguas saibamos falar é moito mellor, é máis cultura, coñeces outras culturas, outros páises… Entón, eu considero que habería que eliminar dunha vez os prexuizos. Non pasa absolutamente nada. Ademáis, temos en Galicia sorte, que temos 2 linguas e unha maior riqueza. Cantas máis linguas saibas, máis facilidade tes logo para aprender outras. Saber linguas non resta, nunca resta, sempre suma.
Observas moita soltura co galego na xente da túa xeración? Máis ou menos con respecto á xeración dos teus pais? E na xeración dos teus alumnos e alumnas?
Sí, en xeral sí, tamén dependendo do ambiente no que te movas, é unha relación con compañeiros meus de instituto, principalmente todos castelán falantes. Por iso foi distinto cando marchei para Santiago e a xente que coñecín na carreira, había un equilibrio tanto en castelán falantes como en galegofalantes, pero casi diría que había máis galegofalantes en relación cas miñas amistades.
Pois non sabería que dicir, o que se di literalmente é que con cada xeración hai menos galegofalantes pero tamén creo que hai moita xente que foi criada nun ambiente castelán falante pero logo por relación con outras persoas colle outra nova conciencia, é dicir, co galego moitos deles que o empezan a falar de maneira habitual. Por exemplo, teño unha amiga que na súa casa é castelán falante, pero fóra dela é galego falante con todo o mundo, connosco sempre foi galego falante. Eu diría que canto máis coñecemento comezamos a ter do mundo, creo que moita xente dáse de conta do que está ocorrendo e comezan a utilizar máis o galego.
A maioría do meu alumnado son galego falantes.
Pensas que no futuro podería ser posible un fomento no uso do galego, especialmente na xuventude?
Podería ser posible pero creo que tamén pode ser moi probable e dame a sensación de que podería ocorrer o contrario, entre moita xente que é castelán falante están tamén comezando. Eu penso que o galego estase impondo en todos os lados en Galicia, cousa que dame a sensación de que non é certo. Hai moita xente que sigue considerando o galego coma unha lingua de pobo, de clases baixas, teñen unha certa tirria e están nesa mesma concepción moita xente nova. O galego tamén ten unha historia bastante escura, nunca foi tan apoiado polas institucións como puido ser outra lingua, como por exemplo o catalán e creo que iso vai seguir pasando factura ao galego.
En moita xente sí que está cambiando o pensamento, coma no caso da miña amiga, ela fóra do seu ámbito familiar utiliza o galego para todo, a calquera sitio que vaia, cando ten que ir ao médico ou á administración. Hai moita xente que está loitando por cambialo e pódese conseguir.
Fálanos brevemente da túa experiencia no uso do galego, tanto na escola, cos teus pais…
Eu habitualmente son castelán falante ata fai relativamente pouco e practicamente sei falar galego perfectamente, seino estudar perfectamente, entendo perfectamente e practicamente monolingüe en galego. Tamén é certo que ata os 18 anos volvinme nun ámbito que non me fixo falta falar galego, aínda que na miña casa falárase e síguese falando, pero co paso do tempo ao facer amistades novas comecei a falar máis galego. Na casa agora practicamente, 50-50, falo galego e castelán. Cos meus avós antes sempre falaba en castelán e agora fálolles sempre en galego, e tamén no ámbito laboral emprego máis o galego ca o castelán.
Observas algunha diferenza dalgún tipo entre os falantes en castelán ou galego máis alá do idioma? (costumes, cultura, forma de ser, etc.)
A principal diferenza é cultural. A xente que é galego falante ten unha conciencia moito maior do que é Galicia, do que é a súa comunidade e a súa cultura, cousa que as outras persoas dan a sensación de que non a teñen tan clara como a poden ter os galego falantes. Teñen un maior cariño e un maior respecto, un maior desexo porque non se perda. O resto da xente sí, tendo en conta pero non é un desexo tan grande de poder mantelo. Non lle remove tanto como a unha persoa galego falante, que ten unha maior conciencia de pobo e do que é Galicia comparado con unha persoa que non o fale.
Como se dixo de eliminar os prexuízos, o galego tamén é a nosa lingua, igual que o castelán, temos a sorte de vivir nunha comunidade na que temos dúas linguas e dúas culturas e iso é algo culturalmente enriquecedor e que non hai que pór nunca unha por riba da outra, son as dúas iguais de necesarias, é necesario coñecer as dúas e ser competente en ambas e temos unha sorte que non teñen outras comunidades que son monolingües en castelán. Nós somos dúas linguas e culturas e temos que aprecialo, valoralo e disfrutalo.
- Alba Romero Prol
- Pablo Seara González
- Alfonso Ventosela Touriño
Ningún comentario:
Publicar un comentario