Casalderrey, Fina (2007).
Desventuras dun lobo namorado. Ilust. Manuel Uhía. Vigo: Galaxia, col.
Árbore, serie amarela, nº 119, 58 pp. (ISBN: 978-84-9865-037-2).
A obra escollida para esta recensión é Desventuras
dun lobo namorado de Fina Casalderrey adecuada para rapaces/as maiores de 8
anos.
O libro presenta un formato de tapa
branda, cunha ilustración na cuberta na que aparece o lobo que é o protagonista
da historia, o título, o nome da autora e da editorial. Na contra cuberta
aparece unha breve sinopse do contido e a idade recomendada para ler o libro.
O argumento xira ao redor da historia dun
lobo que abandona a súa manda co fin de iniciar unha grande aventura en busca
dun agasallo para loba nova, que é o seu amor verdadeiro. Na súa viaxe de busca
encontrarase cun rapaso que o enganará e o manipulará. O protagonista tratará
de conseguir de calquer maneira o agasallo, chegando a intentar negociar co
labrego, aínda que debido ás trampas e enganos do raposo a misión do lobo
fracasará e acabará morrendo dun infarto, esperando a sua amada no outro mundo.
O volume conta con varias ilustracións co
fin de atraer ao lector en certos momentos da lectura. Nestas ilustracións reflíctense
diferentes momentos cruciais da historia e nelas aparecen os principais
protagonistas: o lobo, o raposo e o labrego. As imaxes mostran un gran
colorido, destacando unha cor rosa tanto no fondo destas como na cor dos
protagonistas. Algunhas destas imaxes ocupan a páxina enteira e outras son de
menor tamaño.
As potencialidades que se poden traballar
mediante esta obra son as seguintes: o tema da confianza entre o lobo e o
rapaso, xa que o lobo confía sempre no raposo. Tamén o engano que realiza o
rapaso ao lobo, podendo explicar ao alumnado as razóns polas que non se pode
realizar. En canto ás emocións, pódense traballar un gran número delas: o medo,
o amor, a tristeza e a inseguridade, traballando con elas na clase.

Ningún comentario:
Publicar un comentario