martes, 19 de xaneiro de 2021

 ENTREVISTA A C. H. P. "A LECTURA EN GALEGO NA ACTUALIDADE"

Métodos de motivación lectora que emprega unha mestra do primeiro ciclo de Educación Primaria e  realidade da lectura en lingua galega nas aulas.


A entrevista que se vai realizar será a unha docente de 27 anos, C. H. P., dun colexio concertado situado no centro da cidade de Vigo. Ela leva seis anos exercendo como docente neste colexio: no primeiro ano foi titora de sexto curso, e os cinco seguintes, continuou e continúa sendo titora pero, neste caso, nos primeiros cursos de primaria, entre primeiro e segundo. Ela estudou a carreira na universidade de Vigo, na facultade de educación que esta na cidade, facultade do Ceu San Pablo, especializandose na mención de audición e linguaxe. Anos máis tarde de rematar a carreira, fixo un master de psicopedagoxía, na universidade da Rioja, e actualmente, na misma universidade, esta realizando a mención de pedagoxía terapeutica. 
    O motivo desta proposta que plantexamos e o obxectivo que pretendemos acadar tras realizar esta entrevista é coñocer a realidade da lectura nas na actualidade educación primaria actualmente e, máis en profundidade, como se trata a lectura na materia de lingua galega. 
Por este motivo, eleximos a esta docente xa que a súa docencia, como se comentou anteriormente, está situada nun colexio do centro de Vigo, nunha zona totalmente urbana, onde a lingua que predomina é o castelán. Por outra parte, resúltanos interesante o feito de que sexa titora e profesora de lingua galega nos primeiros cursos de educación primaria, onde consideramos que é moi importante adicarlle tempo a lectura. 
    Tras coñecer un pouco a persoa a que vamos a entrevistar, e cales son os nosos intereses e o que queremos saber, planteanse as seguintes preguntas:
 
Que significa para ti a lectura como docente?
Para min a lectura como docente é un reto, é a posta en práctica de moitos aspectos. Cada ano debes reinventarte e buscar novas formas de que os máis peques desfruten dese pequeno tesouro, fomentando a creatividade e facendo voar a imaxinación. Para min é un agasallo poder ensinar o proceso lectoescritor, é un traballo moi a longo prazo pero que cando dá resultado é maravilloso.

Cal cres que son as idades nas que máis len os nenos e nenas?
Dende o meu punto de vista, xa que cada realidade é diferente, a idade onde os rapaces e rapazas máis len é nos primeiros cursos de educación primaria. En canto á cantidade de nenos e nenas que len e logo lectura por gusto; é dicir, isto onde eu máis o observo é no tema da biblioteca, por exemplo, na miña aula polo xeral todos e todas queren subir á biblioteca a por un libro de lectura para levarse a fin de semana ou para ler durante a semana. 
De feito, se non van a biblioteca, elas e eles mesmos o demandan ou incluso, pódese utilizar como un “castigo” o non subir a biblioteca, ou non poder ler ou non poder levar un libro para casa. Polo que eu penso que a esas idades si que len moito, ademáis gustalles ler, e que cando se van facendo maiores isto vaise deixando un pouquiño de lado e cada vez son menos os nenos e nenas que lle adican un tempo a lectura. 
En parte, tamén penso que isto é influenciado e motivado polos profesores; ou sexa, si que é certo que nos primeiros cursos de primaria dáselle moitisima importancia á lectura, e adícaselle un montón de tempo, e fanse moitos xogos, competicións, premiase moito, e incluso fanse talleres con eles e elas, recomendaselles moitos libros e tamén facemos que o alumnado se sinta protagonista e sean as nenas e os nenos quen tiren da clase para poder ler. Polo que eu penso, que co paso dos cursos iso descuídase, o que dá como resultado a perda de motivación. 

Observando que traballaches cos dous primeiros cursos de primaria, que curso cres que é máis fácil para traballar a lectura?
Entre os dous cursos que me movín, sendo mestra tanto de lingua castelá como de lingua galega, sempre resulta máis doado o segundo curso de primaria. Débese á idade, canto máis maiores son máis autonomía presentan e tamén maior nivel de madurez, influindo isto en diversos aspectos, concretamente na adquisición e traballo de lectura. 

Por que cres que é importante a lectura?
Eu non creo que a lectura sexa importante, senón que é fundamental; e cada vez doume máis conta diso, porque inflúe en todo: tanto nas materias, como no día a día, adquisición de vocabulario, de ortografia, de expresión, tamén de expresión escrita, estructuras, en resumo, todo. 
E en canto a materias, non só nas linguas, senón nas matemáticas para entender un enunciado dun problema, á hora de estudar para comprender o que temos diante, e logo poder expresar coas túas palabras; xa que é un erro que teñen os nenos, que “chapan” o temario pero logo non teñen as ferramentas para poder expresarse; e penso que todo iso, ou gran parte o dá a lectura. 

Como fomentarías a lectura entre o teu alumnado?
Para esta pregunta eu penso que é moi importante focalizar as idades coas que vas a traballar e que lles gusta, coñecer os seus puntos de interese. Eu vouche falar da miña experiencia persoal, que é con rapazas e rapaces de sete e oito anos. Entón, o primeiro punto penso que é moi clave que o colexio teña unha biblioteca e esa biblioteca funcione ben, é dicir, nós no colexio cada un e cada unha ten o seu propio carné, no cal se lle marca a data que ten que entregar o libro, isto gústalles xa que teñen esa “autonomía” xa que son elas e eles os encargados de subir á biblioteca, coller o seu propio libro e ter esa responsabilidade de traelo na data que lle corresponde, ademáis da variedade de libros que poden atopar alí. 
Tamén premiar dende a biblioteca o feito de poder cambiar de carné, e ir avanzando e que haxa unha progresión, cousa que a elas e eles lles gusta moito. Outro aspecto é que dende a biblioteca se lles lanza diferentes actividades en relación aos diferentes momentos do ano, por exemplo na semana do libro, ou de cara ó nadal, no entroido... ese dinamismo fai que os nenos e nenas se enganchen. 
Logo dende a aula, eu penso que o titor o titora ten tamén unha responsabilidade fundamental de motivar ó seu alumnado para que lean, e lean por gusto, non que sexa algo obrigatorio, aínda que tamén pasa, xa que dende o cole se marcan uns libros de lectura que hai que mercar, e polo tanto téñense que ler; pero un pouco, o que eu trato, é que os rapaces e rapazas busquen libros que lles gusten, que sexan acordes a súa idade e que eles e elas lean por gusto. 
Na aula temos unha biblioteca, nesa biblioteca teñen distintos libros, un pouquiño eu sei quen pode ler un, e quen pode ler outro, entón tamén lles enfocas a iso, para que tamén eles e elas non se vexan metidos nun libro moi grande e logo non sexan capaces de lelo, xa que tamén hai que ter en conta que si se frustran, pode que logo sexan reacios á lectura. Polo que o papel aí do mestre é moi importante para orientar e indicar que libros poden ler cada un e cada unha.
Logo na aula, temos un lectómetro, nel aparecen todos os nombres da clase, e o que se vai facendo é marcan que libro le cadaquén, en función das páxinas que teñan eu doulles estrelas, xa que non é o mesmo ler un libro de 20 páxinas que un de 200 páxinas, entón vou dándolles puntuación sen ter ningunha finalidade, tan só o mérito de ler, non hai ningún premio; e tamén se fai unha valoración do libro que leu, se lle gusta ou non, para que elas e eles tamén na aula poidan ter unha guía dos seus compañeiros se non saben que ler, para orientarse. 
Por último, tamén temos un diploma, elas e eles van lendo, e eu voulles entregando diplomas, ó final todos e todas levan diploma xa que o que se trata é de motivalos, non de desmotivalos; isto fai tamén que eles collan gusto pola lectura e que vexan que é algo divertido. 

Que xénero é o máis lido ou máis común entre o alumnado?
O xénero que creo que máis len, sen lugar a dúbida, é o de aventuras. Penso que é o xénero que é así un pouquiño máis emocionante, ou co que eles e elas se senten un pouco máis identificados. Pero tamén lles gusta moito o tema cómics, superheroes, os libros de Gerónimo Stilton, Os Bolechas…

Cantas horas semanais lle adicades en clase á lectura?
Como está establecido por lei, ó día hai que adicarlle media hora de lectura silenciosa na aula. O que pasa é que, na realidade, adicarlle media hora ó día de lectura silenciosa e individual con primeiro e segundo curso de educación primaria é moi complicado, entón o que se fai é: no primeiro curso, son máis ou menos dez minutos nos que se lle prepara fichas moi dinámicas, nos que si son fichas pero que á vez se lle busca ese punto lúdico. 
En segundo curso, si que se lles deixa a lectura libre, uns quince minutos durante dous días á semana; eu poño unha na hora de lengua, pola tarde, e poño outra na primeira hora da mañá en lingua galega, e ese é o tempo que teñen de lectura. Neste segundo trimestre, auméntaselle a tres días á semana, aínda que hai semanas que lles custa máis, porque ó final tes alumnos ou alumnas que len xenial e que comprenden, pero hai outras ou outros que non, e preguntan moito vocabulario, de estructura hai veces que non entenden. 
E máis no terceiro trimestre xa si que é unha lectura de tres días, individual e silenciosa; engadíndolles todos os recursos mencionados anteriormente para a motivación. Pero tamén a parte deste tempo de lectura, se lle adica unha hora máis de lectura en lingua castelá e outra hora, a semana, de lectura en lingua galega.

Como traballas ti ou como motivas ti ao teu alumnado para ese tempo de lectura? 
A diferencia entre o primeiro e segundo curso é moi grande, polo tanto, o traballo da motivación non é a mesma xa que cada curso ten unhas demandas. En primeiro, adoitase facer unha lectura máis guiada para evitar que se frustren, en cambio, en segundo, a lectura xa comeza a ser máis libre. A pesar diso, hai que, sempre, xogar cos intereses dos máis pequenos logrando así enganchalos, incentivándoos a través do xogo e sempre moi pouco a pouco, sen forzalos e respetando os ritmos. 

Cres que é máis fácil que os rapaces e rapazas lean en castelán que en galego, e por que?
Neste caso, non o enfocaría nun idioma en concreto, non é que o castelán por ser castelán lles resulte máis sinxelo se non que isto está relacionado coa lingua materna do alumno. é dicir, se un alumno fose galegofalante e os primeiros imputs de lectura os recibise en galego, seguramente lle resultaría máis doado ler un texto en galego que en castelán y ao revés, o alumno que teña como lingua materna o castelán, seguramente lle resulte máis fácil ler un texto neste idioma. Iso sí, observando dentro do aula e polo motivo mencionado anteriormente, polo xeneral, a lectura en galego adóitalles custar máis polo feito de que moi poucos son os alumnos que na sua casa se fala en galego, fáltalles vocabulario, expresión oral, fluidez,... 

Como docente, qué método che deu máis resultado para que as túas alumnas e alumnos se iniciaran á lectura.
Antes de contestar esta pregunta, gustaríame agradecer e valorar o traballo previo que fan meus compañeiros e compañeiras de infantil, eles son os que asentan e traballan os prerrequisitos lectores, o cal, cando chegan a 1º de primaria, fan que os nenos se lancen a ler con máis facilidade, é un traballo en equipo. Centrándonos na metodoloxía, non considero que haxa unha que funcione mellor que outra, ao final a clave é que haxa un traballo previo e unha motivación por parte do docente. No noso caso, iniciámonos na lectura seguindo o método fonolóxico, incidindo e fomentando a conciencia fonolóxica mediante distintas dinámicas, tendo sempre presente o xogo, establecendo así unha relación directa entre fonema e grafía e viceversa. 

Baseándote na túa experiencia, que recomendarías evitar para que o alumnado se adentre no mundo da lectura con máis ilusión? 
Debemos evitar a imposición/obligación, o nivel madurativo é moi importante xa que inflúen de forma directa ó aprendizaxe. Por iso, é bo ter unha boa base e dar espacio. Moi importante ter presente que o alumno é o protagonista e que nós somos os encargados de guiarlle no proceso del aprendizaxe.
 
 González Vázquez, Xurxo
 
 Huidobro Picatoste, Paula

  López Lago, Marcos 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...