ENTREVISTA A CARLOS NEGRO
DIDÁCTICA DA LINGUA E DA LITERATURA: GALEGO
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social de Ourense
Docente: María Isabel Mociño
3º curso: Grao en Educación Primaria
2020-2021
Figueiredo Díaz, David
Ortiz Pérez, Carlos
TÍTULO.
O MUNDO DA POESÍA.
SUBTÍTULO.
AS VIVENCIAS DE CARLOS NEGRO COMO PROMOTOR DA POESÍA, COMO DOCENTE E COMO ESCRITOR.
PRESENTACIÓN DO ENTREVISTADO (DATOS XERAIS, TRAXECTORIA, ÁREAS NAS QUE DESTACA, RECOÑECEMENTOS…)
Carlos Negro, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego, ademáis, imparte clases como profesor de lingua e literatura galega.
No 2003 participa no proxecto colectivo Negra sombra, unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en varias revistas de poesía e literatura, entre as que se atopan Ólisbos e Dorna.
As súas obras representan na súa maior parte a poesía, presentando títulos coma As laranxas de alí babá (1998), Cultivos transxénicos (2008), Penúltimas tendencias (2014)
En xuño de 2018 gañou o premio Jules Verne de literatura xuvenil co libro Aplicación instantánea, así como varios en anos atrás, coma por exemplo..
- I Premio de poesía Victoriano Taibo no 2008, por Cultivos transxénicos.
- Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2014, por Penúltimas tendencias.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2016, por Tundra.
MOTIVO/INTERESE DA ENTREVISTA.
Escollemos a figura de Carlos Negro polo interese que nos produciu dende o primeiro momento. Presenta unha importante traxectoria, ligada a numerosos premios o longo da súa carreira. O seu amor pola poesía contaxiounos por completo e, grazas a entrevista, puidemos coñecer mellor estes sentimentos, compaxinados ca súa docencia.
PREGUNTAS DO CORPO DA ENTREVISTA.
Esta entrevista é unha transcrición literal da conversa mantida con Carlos Negro. É por iso que se mantén a linguaxe espontánea e a naturalidade da lingua oral.
COMO DOCENTE:
Un docente que non gusta da poesía cres que pode animar ao seu alumnado a traballar con ela?
“Eu creo que sí pode aparentar que ensina ben poesía sabendo recursos técnicos, a teoría da literatura para certas cousas teóricas pode que dea o pego. Pero creo que o importante no ensino é transmitir, non? Transmitir un certo entusiasmo polo que ensinas e é moi complicado transmitir dito entusiasmo se ti descoñeces a poesía que se está a escribir hoxe en día e te limitas a reproducir os textos dos libros e a repetir sempre o mesmo. É imprescindible ser lectora ou lector para transmitir ese gusto pola literatura.”
Cal é a finalidade principal da poesía nas tuas clases?
“Igual que calquer arte, non ten unha finalidade práctica inmediata. Eu creo que a finalidade da literatura e da poesía é crear beleza e expresar a vida a través desa beleza, que as palabras nos digan algo da vida pero dunha maneira especial.
Penso que a poesía ten que falarnos da vida, dunha maneira única e diferente; non é un xénero literario raro para facer exames e para fastidiar os alumnos e alumnas aprendendo listas de recursos literarios senón que é unha maneira orixinal, única e individual de expresar quen somos os seres humanos.”
Tes afirmado que un dos actos máis revolucionarios que hai hoxendía é lerlle en voz alta ao alumnado, cres que como docentes temos que ler máis para eles e con eles?
“O ideal sería que o alumnado puidese escoller, sobre todo xa a partir de certas idades, libremente o que lee. Sempre hai o debate de si se pode obligar a ler a xente. É complicado porque algunha xente se non a obligas a ler, non lee nada. Non obstante, tamén hai xente que lle gusta ler pero se a obrigas di que lle gustaría ler o que lles gusta, non o que me mandes ti.
Complicado acertar co punto medio, non?
Eu creo que máis que obligar a ler poesía, o que hai que dicir é amosar a poesía as aulas, como facer un menú.
Levar a clase un poema, compartilo…
A poesía pode estar nunha canción, nun graffiti dunha parede, nun lema publicitario…
Hai que romper a idea da poesía como algo aburrido e algo do pasado. Hai xente que podes deixala ir o seu aire ca lectura e outra ca que tes que ir máis da man.”
Como podemos aprender a ler poesía para ser bos mestres e contaxiar o gusto por ela?
“Tendo curiosidade polo que se escribe hoxe en día, non só os clásicos. Intentar transmitilo de maneira agradable e non coma comezar a casa polo tellado as veces queremos eso.
Que che transmite o poema, con que verso te quedas, comezar polo emocional e non tanto polo intelectual. Poesía adecuada para cada idade, ir pouco a pouco, chanzo a chanzo. Non todo o mundo ten as chaves para acceder a poesía, tipos moi diferentes de poesía para tratar de buscar que lles guste, probar este tipo de cousas e non perder a paciencia, xa que hai días que non acertas. Hai poesía que non me gusta e a leo, ata que aparece algunha que me gusta, como as películas e as se
Por último, qué botas de menos no sistema educativo actual?
“Pois eu… boto de menos un pouquiño máis de flexibilidade sobre todo para cambiar as cousas, máis flexibilidade horaria, máis flexibilidade para facer actividades escolares, e menos burocracia, sobre todo, menos estandarización. Estamos moi pendentes da burocracia, de xustificar todo o que facemos emitindo informes, reunións… Eu creo que debería haber máis formación, pero non só formación, senón tamén cambiar os currículos, facelos máis… máis pegados á realidade do século XXl, non? Un ensino máis experimental, máis creativo e menos memorístico, menos de acumular contidos. Bueno, máis flexibilidade e máis liberdade creativa.”
“E tamén apostar por unha avaliación formativa, non?”
“Evidentemente, eu creo que o profesorado debería cada certo tempo pasar por unha especie de… como para renovar o carné de conducir non? Pero non unha cousa teórica de mandar unha programación, senón de como fas as clases, non? de como traballas nas aulas.”
COMO ESCRITOR:
Cres que a túa poesía axuda a promover o espírito crítico de nenas e nenos?
Pois… eso claro… é unha pregunta para min complicada porque, claro, son as lectoras e lectores os que deberían dicir eso non? Se a eles lles desperta algunha reflexión ou algún espírito crítico non?. A min gustaríame pensar que sí, que pode axudar a algunha xente a darlle a volta a algúns tópicos ou estereotipos. Pero bueno tamén hai que ter en conta que a poesía e a literatura non é un panfleto nin é un tratado oral. A literatura o primeiro que ten é que chegar, entreter, chegar a un nivel emocional ou intelectual. Pero na súa finalidade tampouco é educar exactamente non? Pero si me gustaría pensar que provoca unha reación nos lectores porque para eso escribimos non? Ogallá lles provoque unha reación e algunha xente poida provocar tamén unha reflexión non? sobre algúns temas de actualidsade, e para min sería o ideal. Claro, eso non é doado de conseguir.
Tes visitado moitos centros educativos para falar da túa poesía, que é o que máis valoras do alumnado neses encontros?
Pois a… eu diría que a enerxía que recibo deles, porque a poesía é tamén un acto de comunicación, tamén é unha búsqueda de coñecemento a través das palabras, pero a poesía tamén ten unha dimensión moi potente comunicativa e compartes os teus textos pero tamén os teus textos ó estar alí a xente, o público diante reaciona dunha determinada maneira, e esa reación moitas veces devólveche moita enerxía positiva non? moitas ganas de seguir escribindo e moitas experiencias compartidas, ás veces hai reacións emotivas sobre algún poema que afecta a unha persoa en particular… non sei, eu teño experiencias moi bonitas nos institutos de… desa enerxía, dese fluído de comunicación que se establece a través dun poema eas veces percíbelo nun aplauso, poero ás veces tamén o percibes nun silencio así… nun silencio destes moi intenso que queda despois de ler un poema ou preguntas que che fai o alumnado… entonces bueno eu a miña experiencia nos institutos en xeral é moi positiva, a min tenme dado moitas alegrías e… anímame moito a escribir non?
Que experiencia lembras con máis emoción desas visitas?
Lembro se queres unha experiencia concreta dun colexio en Vigo que unha nai veu a falarme de que leran os poemas da aplicación instantánea, a súa filla que estaba no hospital, estaba cun problema de saúde e lendo na aplicación instantánea que lle ensinaba os poemas alí mentres estaba no hospital e que a animaran a saír un pouquiño desa depresión que tiña e dun estasdo de ánimo negativo, e bueno, que a nai viñera persoalmente agradecerme que eses poemas axudaran un pouco á curación da súa filla e que quería que lle ensinara o libro por exemplo é unha experiencia humana que nunca esquecerei. É un exemplo así un pouco máis concreto que che pon un pouco la pel de galiña.”
Tes recibido moitos premios, entre eles o das Bibliotecas Escolares de Galicia. Que valoras máis dos galardóns?
Bueno os premios sempre hai que agradecelos, sempre. A fin de contas nunca é doado gañalos e hai moita outra xente que escribe ben e que escribe con moita ilusión igual ca ti, entón os premios son un pouco unha lotería, dependen de moitos factores, entonces sempre hai que agradecelos. O das Bibliotecas Escolares de Galicia especialmente porque é un premio que eu considero moi democrático e moi de traballo de fondo, é dicir, é como un recoñecmento a todo o esforzo que fun facendo durante o ano de visitar centros, de recitar poesía, de promover a poesía e… e que os clubs de lectura de Galicia recoñecesen moitos dos meus libros para ler poesía voluntariamente demostra que é un xénero poético que sí pode funcionar entre a xente nova, entón para min ese foi un dos premios máis bonitos da miña vida, máis satisfactorios, porque é un premio coma o do público, non? É das lectoras e dos lectores así novos, non? Porque os outros son premios que che da un xurado concreto, moi concreto, catro ou cinco persoas, pero este é un premio de moitos clubs de lectura de Galicia que escolleron os teus libros para ler e que lle gustaron, entonces bueno, foi un dos días, a nivel así de escritor máis felices da miña vida.
COMO PROMOTOR DA POESÍA E DA LITERATURA:
Impartes obradoiros de poesía para docentes. Que é o que máis lles (nos) custa? Cal é a actitude en xeral das persoas que participan?
Eu creo que o que máis custa sempre son os prexuízos previos, non? Os estereotipos, a poesía ui… a poesía é un xénero raro, complicado, moi difícil… eu non vou saber facer esto, a min a poesía non me gusta, é dicir, veñen con moitos medos non?”
Sí, é dicir, que é mental.”
Sí, é un pouco eso, medo ó descoñecido non? e parece que é máis fácil comentar un conto, unha novela… e entonces hai que romper un pouco eso, esa especie de capa de xeo que lles impide achegarse á poesía. É tamén teñen que descubrir un pouco eso, romper un pouco esa capa de xeo que lles impide achegarse á poesía e tamén teñen que descubrir eso, que teñen que ler máis poesía, non? Porque moita xente adulta o problema é ese, non? que non le poesía. Entón é o que eu lles digo: o primeiro de todo é que leades poesía e de todo tipo, despois o outro é practicar, facer actividades, facer xogos… bueno, hai moitas posibilidades coa poesía, pero o importante é cambiaro chip, cambiar o chip e dicir: bueno, é unha actividade máis que podemos incorporar á aula e que nos pode valer para moitas cousas, e sobre todo para establecer unha boa conexión emocional co alumnado, para explicarlles que hai maneiras de ver as cousas que son científicas e outras que teñen que ver un pouco máis coa intuición e coa subxectividade, e que eso tamén forma parte da nosa aprendizaxe vital.”
Entre as estratexias para perderlle o medo a empregar a poesía na aula, cal destacarías como a máis eficaz e que lle recomendarías a calquera docente?
A estratexia sempre é buscar un pouco a sorpresa, non caer na rutina. É dicir, buscar actividades diversas, formular pequenos xogos, pequenos retos de escribir pero sempre con modelos previos. Buscar os textos axeitados, moi variados un pouco xogar ca poesia co humor, ca provocación, con textos que resulten polémicos. Moito sentido do humor xa que a poesía non é sempre seria. Xogar con distintos rexistros lingüísticos. Buscar un pouco que sorprenda e que rompa as normas e as rutinas. Probando así moitos tipos de actividades.”
Debería haber máis iniciativas para traballar a poesía nas aulas? Cres que falta formación entre docentes?
“O que pasa é que as veces pedimos tantas cousas para facer nas aulas, de tantos ámbitos e tan necesarias que parece que pedir máis tempo para a poesía sería capricho.
É certo que as humanidades en xeral tenden a quedar un pouco marxinadas do ensino, porque parece que non son útiles. O que hai que practicar é o ensino creativo, sendo isto o que nos distingue como seres humanos dos robots.
O tempo que hai que adicarlle depende de moitos factores. O que sí é certo é que falta máis falta de formación do profesorado inda que a maioría pasa un pouco de largo do xénero, resultando un pouco indiferente.
Hai xente que a traballa moi ben, pouca, coma case en todas as cousas creativas. Haina moi comprometida pero unha ampla maioría que lle produce indiferencia a poesía.”
6. DESTACADOS CO QUE SE QUERE POÑER DE RELEVANCIA.
Con esta entrevista, queremos destacar as potencialidades da poesía na Educación, tanto na Primaria, Infantil, E.S.O…. Baixo o noso punto de vista, ao longo da idade escolar trabállase moi pouco coa poesía, ou cando se fai, realízase de xeito mecánico, coma calquera outro contido curricular, sen xerar interese nas nenas e nos nenos. Por isto, creemos que Carlos Negro está no certo e pensamos que os e as docentes, debemos prestar máis atención á poesía.
MATERIAL GRÁFICO.
Enlace á entrevista de Carlos Negro:
https://drive.google.com/file/d/1A77mGOLSj9w5vrobPhgv0MXaA9e81Pbd/view?usp=sharing
Ningún comentario:
Publicar un comentario