domingo, 31 de xaneiro de 2021

Entrevista a Nuria Rábano Blanco xogadora da Real Sociedade


Estereotipos de xénero no deporte: “Que ben xogas para ser unha nena”.

  


A nosa entrevistada é Nuria Rábano Blanco, nada o 15 de xuño de 1999 en Santiago de Compostela (A Coruña). É unha xogadora de fútbol feminino que dende pequena comezou a xogar a este deporte no equipo do seu pobo, O Milladoiro. Na súa traxectoria como futbolista xogou en varios equipos como o Atlético Arousana  no 2015; ao seguinte ano foi fichada por un dos equipos máis coñecidos de Galicia como é o Deportivo da Coruña, chegando a xogar na Primeira División Española, a súa etapa neste equipo durou dende o 2016 ata o 2020; finalmente este ano fichou pola Real Sociedade, equipo da Primeira División Española no cal milita agora mesmo. No tocante aos premios que acadou na súa carreira que aínda continua, podemos destacar que foi nomeada o ano pasado a mellor lateral esquerda da liga, posicionándose no once ideal da tempada 2019/2020. Outro premio que conseguiu, foi o subcampeonato no Europeo sub-20.


O motivo ou interese da realización desta entrevista, é visibilizar varios dos problemas presentes na nosa sociedade e que repercuten na escola. Os estereotipos de xénero  influen no noso comportamento desde que nacemos, nesta entrevista poñemos o foco no fútbol e a realidade da muller neste ámbito. Nos colexios, podemos visualizar como as nenas que xogan ao fútbol son “marimachos” ou sofren múltiples descalificacións por querer ser un máis no equipo, nós mesmos considerámonos partícipes destes comentarios cando eramos rapaces, por iso, miramos necesario o cambio e como futuros docentes sería importante intentar erradicar estes comentarios ou estigmas. Por outra banda, queremos por en manifesto a falta de referentes femininos no deporte, concretamente no fútbol que se debe pola falta de visibilización. Por último, ser coñecedores da experiencia dunha deportista de élite durante o confinamento.

Reprodución da conversa: 

A entrevista realizouse vía whatsapp, mandamos as preguntras nun documento pdf e Nuria respondeu mediante audios de voz, a continuación realizamos a transcripción da entrevista: 


Primeiro Bloque: 

Cando se despertou o teu interese polo fútbol?

Pois dende pequena meu pai entrenaba ao Milladoiro S.D. e na miña familia sempre houbo moito futbol.

Durante a túa infancia os teus referentes eran xogadores ou xogadoras?

Os meus referentes sempre foron xogadores masculinos, de feito ata fai pouco eran masculinos. Agora cada vez máis fíxome en xogadoras.

Pensas que as rapazas necesitan ter unha maior visibilización de  referentes femininos no fútbol?

Ehh.. si e creo que así estarían convecendo ás nenas de que é un deporte para todos os xéneros e provocaría que tanto os nenos como nenas se fixen moito máis en nós. Ehh.. desta forma as nenas terían referentes femininos e non terían medo dos comentarios.

Recordas algunha obra literaria da túa infancia na que a protagonista fose unha rapaza/muller deportista?

A verdade é que non, ao menos (ehh...) na miña infancia non recordo ningunha, pero sería moi interesante que existisen libros, nos que mulleres ou nenas fosen protagonistas en ámbitos nos que (ehh...) existe unha superioridade masculina, (ehh..) do mesmo xeito que sería bo que existisen libros nos que nenos fosen protagonistas en ámbitos con superioridade feminina ou iso creo eu, non sei.    


“...na miña infancia non recordo ningunha, pero sería moi interesante que existisen libros, nos que mulleres ou nenas fosen protagonistas en ámbitos nos que existe unha superioridade masculina...”


Que influencia pode ter que na maior parte dos casos quen imparte ximnasia en Educación Primaria sexa un mestre e non unha mestra?

Eu creo que iso desde que eu facía ximnasia viase moito que as nenas non lle gustaba tanto, relacionábase moito a ximnasia con fútbol e realmente non é así, (eh…) e isto pode ser por que a maioría dos mestres son homes polo que as nenas non teñen tantos referentes nense ámbito ehhh miran o deporte como algo para nenos.


“...relacionábase moito a ximnasia con fútbol e realmente non é así, (eh…) e isto pode ser por que a maioría dos mestres son homes polo que as nenas non teñen tantos referentes nense ámbito ehhh miran o deporte como algo para nenos.”


Sufriches discriminación ou burlas na escola por xogar ao fútbol?

Por sorte eu non sufrin tanto esas burlas, ao menos eu non as escoitaba, pero algunha sempre aparecía sobre todo polos pais dos nenos cando competía contra eles como ehh “Que malo eres! hasta unha nena che mete gol” ou “Que ben xogas para ser una nena” ou cousas así.

“...sobre todo polos pais dos nenos cando competía contra eles, como  <<Que malo eres! ata unha nena che mete gol>> ou <<Que ben xogas para ser una nena>>

Que opinión tivo o teu entorno cando manifestaches que querías adicarte ao deporte e en concreto ao fútbol?

No meu entorno sempre quixeron que fixera deporte daba igual cal, meu pai alegrouse de que me decantara polo fútbol por que el era moi futboloro, incluso a miña irmá tamén o.. o xogaba.

Cando xogabas de cativa nun equipo mixto, sentíaste unha máis o sentías desprezo por ser unha nena?

Sentíame unha máis tiven unha gran familia como equipo todos os anos que xoguei nun equipo mixto e eu creo que iso eh axudou moito, sentía máis desprezo por ser a filla do entrenador que realmente por ser unha nena e xogar ao fútbol.

Que consellos lle darías ás xóvenes que queiran adicarse ao fútbol feminino e se sintan presionadas polos estereotipos de xénero?

Eu diríalles que ninguen che diga que non podes facer algo, as mulleres non facemos dano a ninguén por xogar ao fútbol e que loiten polos seu soños.

“... as mulleres non facemos dano a ninguén por xogar ao fútbol e que loiten polos seus soños”

Que crees que necesita o fútbol feminino para crecer?

O fútbol feminino nestes anos creceu moito e alégrome de vivilo eu en propia persoa, é moi satisfactorio pero creo que a visibilidade é moi importante tanto en prensa como en televisión, aínda que cada vez máis isto vai crecendo.

Pensas que se debe ter en conta máis o fútbol feminino nos medios de comunicación?

Ehh si.. eu creo que sobre todo en periódicos, en portadas ehh deberían de dar máis visibilidadde, aínda que creo que neso imos avanzando pouco a pouco, pero cada vez aparecemos en máis sitios.

Cal é a perspectiva e a visión dunha xogadora profesional respecto as diferenzas salariais entre os homes e as mulleres no deporte?

Bueno creo as xogadoras non nos podemos comparar cos homes, aínda que sexa fútbol son mundos diferentes, pero sempre pensei e seguirei pensando que os homes moven cantidades de diñeiros impresionantes. Creo que é un tema con miles de opinións diferentes e que daría para falar durante moitas horas, certo é que as xogadores ahora por fin temos un convenio colectivo que ha mellorado as nosas condicións laborais e pouco a pouco esto crece máis en ese sentido.

Unha das tristes realidades do fútbol feminino é que moitas xogadoras profesionais teñen que compaxinar o deporte con outro traballo ou ter unha segunda opción para cando se retiren. Cal é a túa opinión  sobre esta realidade?

Eu creo que iso é inxusto ahora mesmo practicamente todas as xogadoras como futbolistas profesionais estamos todo o día adicadas exclusivamente ao fútbol e ao noso club, creo  que cada vez menos xogadoras (ehh..) teñen outro segundo traballo, pero si que temos todas uns estudios por detrás para dentro de uns anos cando se nos acabe o fútbol, pois poderamos traballar noutro sector.

Como foi a experiencia de debutar na Liga Iberdrola e sobretodo nun equipo galego como o Deportivo? E tamén como te sentiches no momento que foches convocada coa Selección Española coa que conseguiches un europeo sub-19?

Para min foi unha das mellores experiencias da miña vida, a parte de inolvidable como digo sempre o ano pasado disfrutei cada partido coma unha enana, o equipo era unha familia, pareciamos unhas expertas de categoria  e non lle temiamos a ningun equipo. Para min ser convocada ca española cada vez é unha satisfación e un regalo ao meu traballo realizado individualmente e colectivo. Añadir ser campeona pois é unha experiencia máis inolvidable.

Crees que nun futuro unha muller pode chegar a ser adestradora dun equipo masculino de fútbol profesional?

Por poder pois claro que poder chegar a ser así, pero eu desexo máis que as mulleres cada vez sexan adestradoras de equipos da Primeira Iberdrola Feminina.

“eu desexo máis que as mulleres cada vez sexan adestradoras de equipos da Primeira Iberdrola Feminina.”


Segundo bloque:

A nivel emocional como foi para unha deportista de élite combatir o confinamento? 

Personalmente a min fíxoseme bastante amenos e paseino ben, si que chegou o momento no que xa houbo  que tomar certas decisións e ahí fíxoseme máis costa arriba, pero xa se podía respirar aire puro e saír da casa e para min ter a miña familia ao lado e disfrutar dela pois sempre é satisfactorio e tiña que aproveitalo

Como facías para seguir as túas rutinas de adestramento diarias durante o confinamento?

Pois a preparadora física mandábanos cada día un pdf cunha sesión de adestramento para facer pola maña ou pola tarde, ti decidias. Por sorte puiden montar un pequno ximnasio na casa e fíxoseme ameno e tamen tíñamos algunha clase virtual todas xuntas.

Como viviches a incertidume  e especulacións de cando se volvería a retomar a competición?

Creo que chegou o momento despois de dous meses, que xa non había moitas expectativas de  que se volvera a retomar a competición, para min foi duro por que tiven que tomar a decisión de cambiar de equipo e gustaríam a ver acabado a liga co  Club Deportivo .

Ao retomar a competición notaches consecuencias negativas provocadas polo confinamento? 

Creo que o único negativo foi non tocar balón practicamente e non ter sensacións de  pisar un campo de fútbol, aínda que eu puiden disfrutar do campo onde vivo. Pero rápido se colleu na pretemporada tan longa que tivemos as sensacións de estar co balón e disfrutar del.

Como te sentes ao xogar os partidos e non ter público nas bancadas?

Eu creo que ao final o ser humano está acostumado a cambios e o final non queda outra que xogar así, non hai público pero eu dentro do campo sinto como se houbera xente, disfruto aínda que encántame xogar con público e que a xente disfrute e nos anime, eso ten que volver e ogallá sexa pronto.

Pensas que a pandemia perxudicou o crecemento ou o auxe do fútbol feminino?

Eu creo que non, perxudicaría se non houbese empezado a tempada, así si que perxudicaría, pero cando as cousas vanse facendo un pouco ben iso nótase.

Crees e desexas que nun futuro próximo se poidan disputar os partidos con normalidade como antes da pandemia?

Si, como respondín anteriormente, desexo que o público volva, as visitas dos familiares os partidos, os sáudos cos equipos contrarios e que volva o fútbol con normalidade practicamente, en sí que todo volva a normalidade.


Martín Guardado Porto e Daniel Montes Rodríguez.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...