Casalderrey, Fina (1995). O misterio dos fillos de Lúa. Ilust. Manuel Uhía. Madrid: SM, col. O O Barco de Vapor, n.º 21, 122 pp. (ISBN: 978-84-348-4674-6).
Este libro conta cun formato estándar, é dicir, lese en vertical. Conta con tapas brandas e a súa forma é rectangular. Na cuberta obsérvase, como en case todos os libros: unha imaxe principal, na que se ve a Lúa (a gata de David) sentada no tellado mentres observa a Lúa (astro); o nome da autora en cor branca; e da mesma maneira, o título do libro. Este último, móstrase con letras de tamaño un pouco máis grande. A cuberta tamén contra co esquema convencional dos libros da colección “Barco de Vapor” (como por exemplo, Funis Mundi da autora Laura Gallego). Encontramos tamén o nome da editorial na parte inferior esquerda e ao seu lado unha relación dos premios que obtivo este libro (Premio o Barco de Vapor e Premio Nacional de Literatura Infantil 1996). Na esquerda, aparece o número de edición. Xa na marxe volvemos encontrar a editorial, o nome da autora, o logo da colección, o título do libro e, por último, o seu número.
Na contraportada atopamos o número da colección e repítense o nome da autora e o título do libro. Ademais dun breve resumo da historia e da traxectoria bibliográfica da autora. Tamén aparece a idade recomendada para ler o libro. Na portada vemos que non inclúe nin foto nin número da edición, pero si se repiten o resto de datos que vemos na cuberta.
Dende o punto de vista argumental, a historia narra como Lúa, unha gata abandonada é atopada pola familia de David. Tras uns días na súa casa, Lúa queda embarazada pero os seus gatiños desaparecen ao día seguinte, feito que se repite por segunda vez tempo despois. David e o seu amor, Branca, decidiron investigar ese misterio. O libro remata contando a verdade do misterio mentres Lúa, por fin, tiña aos seus gatiños consigo.
En canto ás ilustracións só observamos unha poucas, ás veces algunha por capítulo, aínda que noutros ningunha. As imaxes que encontramos son todas en branco e negro. Todas elas encóntranse na paxina dereita, exceptuando as dos capítulo 13, onde encontramos unha imaxe que comeza na páxina esquerda e continúa na dereita.
Encontrámonos ante unha obra destinada a nenos e nenas de 9 en diante. Neste libro a autora trata moitos temas tabús para que os nenos e nenas os vaian asimilando, como é o caso da morte ou sentimentos de perda. Trata tamén mediante a súa avoa como os maiores van perdendo facultades e memoria ou a reprodución dos gatiños dunha maneira que lles pareza fácil aos nenos e nenas, entre outros.
Considero que este libro é moi recomendable e necesario para os nenos e nenas, xa que Fina quere conseguir que estes se sintan identificados con David en moitas ocasións. Ademais o misterio que ten este libro atrapará aos nenos e nenas a resolvelo co personaxe principal, polo que tamén desenvolverán certa curiosidade ata o final.
Sobre os recursos en liña sobre a obra, salientamos dende vídeos ata recursos didácticos para o alumnado e o profesorado. Primeiro atopeime cun vídeo no que os nenos de 5º de Primaria fan un breve resume coas ideas principais da historia. No segundo caso, atopei un breve cuestionario sobre a historia feito por uns nenos e nenas dun colexio de Lalín (CEIP Manuel Rivero). Por último, encontreime tamén con dúas fichas (unha para alumnos e outra para profesores) na que os nenos e nenas completarán unha serie de exercicios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario