xoves, 7 de xaneiro de 2021

¿Quen me quere adoptar?

 








 CASALDERREY, FINA (2005). ¿Quen me quere adoptar? Ilust. Mª Fe Quesada. Vigo: Xerais, col. Merlín, Serie (ISBN: 978-84-8349-098-3)

A obra escollida foi ¿Quen me quere adoptar? De Fina Casalderrey. Trátase dun libro ilustrado que na parte superior da cuberta presenta a edición do libro, seguido do título e os nomes tanto da autora coma da ilustradora. Ten unhas dimensións de 13.5 x 19 cm e a imaxe que ocupa a cuberta é a do protagonista, un ancián e o seu gato.

Na contracuberta aparece un pequeno resumo do contido do libro sobre unha cor morada de fondo. Obsérvase que aparece a idade mínima de lectura (De 7 anos en adiante) e o ISBN.

Xa no interior, aparece a páxina de título de créditos cos datos referidos á edición, mentres que na portada se repiten os datos da cuberta e a imaxe, agora en branco e negro.

O contido revela que o protagonista é Manuel, un mestre xubilado que sente a soidade de vivir sen ninguén, o que o leva a anunciar que ten interese en que o adopte unha familia.. Este libro consta de numerosas ilustracións, unha por páxina practicamente. Nelas aparece o protagonista sempre, xa sexa con libros, co seu gato ou simplemente con algún protagonista secundario como son dúas mulleres interesadas no desexo de Manuel de aloxamento.

Penso que se trata dun libro adecuado ao alumnado de Educación Primaria, no que as imaxes contribúen ao apoio á lectura textual. A maneira de ilustrar a vida de Manuel é a axeitada para que os rapaces e rapazas destas idades comprendan con facilidade o que len. Unha trama sinxela, sen moitos personaxes. Entre as potencialidades da obra cabe salientar a posta en valor das relacións interxeracionais, a reflexión que propicia a crítica da soidade e abandono que padecen as persoas maiores e tamén a necesidade de aprender e ensinar das persoas ao longo da súa vida.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...