Mayer, Mercer (1968). Un pesadelo no meu armario. Trad. X. M. González Barreiro. Pontevedra: Kalandraka, [36 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-101-8).
Libro ilustrado
de cartoné escrito
e ilustrado por Mercer Mayer e traducido por Xosé
Manuel González Barreiro. Na súa cuberta aparece o debuxo, nun rectángulo dun
neno nun pequeno triciclo, asustado pola presenza
do pesadelo no seu armario. Enriba
aparece o título da obra sobre un fondo branco. En canto á contracuberta, temos
outro rectángulo cun debuxo no cal
aparece o pesadelo dentro do armario coa
porta aberta.
Dende o punto de vista do
contido, na obra
diferenciamos tres partes. O inicio, no cal se
presenta ao personaxe principal
que ten medo a un pesadelo que durme no seu armario, o que lle obriga a durmir coa súa escopeta de
xoguete e tapado ata a cabeza. A continuación, o nó do conto, no cal o neno se decide a afrontar o problema. Para isto, apaga a luz ata que o pesadelo saia do
armario e, unha vez conseguido,
acéndea e enfróntase a el ata o punto de que o pesadelo se bota a chorar polo
medo. Vendo isto, méteo na súa cama
e póñense a durmir xuntos. Por último, no
desenlace, mentres os dous dormen aparece outro pesadelo pero, neste caso, o
neno xa non ten medo e dille que na súa cama non hai espazo para máis.
A lectura de obra desenvolve temas como a forma de se enfrontar aos medos, a necesidade de superar as nosas inseguridades e tamén a amizade.
En canto ás ilustracións, van transmitindo ao longo do conto unha serie de valores como son a bondade ou a humanización dos pesadelos por parte dos nenos e das nenas.
Potencialidades:
.
· Recursos educativos:
Conto cantado polos alumnos e
alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Armenteira. https://www.youtube.com/watch?v=_xv2-cXFlHk. Publicado
o 27 de marzo de 2020 (consultado o 30 de novembro
de 2020).

Ningún comentario:
Publicar un comentario