O Manual das
Bruxas, álbum ilustrado de
Malcom Bird, reescribe a concepción de maldade que temos das bruxas,
converténdoas en boas persoas a través de fortes trazos de humor, onde elas
pasan a ser as protagonistas e toman o rol de profesoras ensinándolles aos
cativos/as curiosidades sobre elas e dos lugares que os rodean. A obra contén
once capítulos curtos nos cales os personaxes principais contan a súa vida
cotiá e algúns dos seus segredos.
Este álbum non
ten un formato convencional, dado que atopamos viñetas en certas partes, que
nos recordan ao formato dun cómic e outras nas que se emprega unha imaxe e se
indican os seus elementos, como por exemplo, a casa que aparece máis adiante. Este
é un libro impreso nun papel diferente ao resto, dándolle unha visión de folla
antiga.
Á hora de falar
da portada e a contraportada podemos dicir que ambas son de tapa dura, na primeira
podemos observar como nos adianta a temática deste escrito, cun debuxo dunha
bruxa sostendo o mesmo, enriba aparece o título e debaixo o nome do autor. En
cambio, na segunda só vemos debuxada unha folla dunha libreta en cor amarela, onde
temos críticas doutros autores sobre a obra.
Observamos que este álbum ten un formato de 23x26 cm, composto por 96 páxinas. O escritor é o propio ilustrador, así mesmo, a persoa encargada de traducir este libro ao galego foi Xosé María Bouzó Fernández. A súa lectura recoméndase a partir dos seis e sete anos e é considerada como unha obra de carácter infantil e xuvenil.
Ao final do
conto, pódese atopar certos elementos complementarios como unha sopa de letras,
recortes... Nas tres últimas páxinas vemos un índice dalgunhas palabras usadas
ao longo do álbum. Esta parte aproveitarémola para xogar con eles e facer que desfruten
máis o libro. A sopa de letras realizariámola na pantalla dixital da aula,
entre todos e todas por orde, e os recortes imprimiríanse para que cada un poda
completalos.
Por outra banda, esta obra traballaríaa nunha aula de segundo de educación
primaria, nun contexto lúdico – formativo, onde cada un contaría cun exemplar. Leríamos en oral entre todos/as intervindo a/o docente
como participante. Cada día na hora de galego a última media hora/vinte e cinco minutos (depende da extensión do
capítulo por exemplo o primeiro é moi curto e levaríanos vinte minutos
traballalo, non obstante, o segundo igual hai que traballalo en dúas clases)
empregariámola para este álbum (leríamos un capítulo e os últimos minutos
poríamos en común o que lemos), como o escrito consta de once calcúlase un
total de 11 sesións aproximadamente para a súa lectura, unha 12ª para poñer en
común esta obra e unha 13ª na cal veríamos a curta e falaríamos sobre ela.
Dende o punto de vista do profesorado a maior potencialidade que podemos apreciar é o traballo
do vocabulario. Outra característica a salientar é o dinámica que é a lectura.
E por último, débese destacar non só a diversidade das bruxas se non a das
materias que nos presentan.
O recurso en liña que se empregará será o seguinte vídeo: https://youtu.be/-oWj0igPIMI Pararíao no minuto 9.26 e debatería que cren que vai
ocorrer co bicho a continuación. Posteriormente, preguntaríalles cal é relación
que ven entre o vídeo e o libro, ademais tamén faría unha ficha que se
realizaría conxuntamente na pantalla dixital.
Escollín este obra porque despois de ler varias que tiña dispoñibles esta foi a que me pareceu a máis adecuada e máis atractiva para o alumnado, descartei títulos como A señorita Bubble de Ledicia Costas ou Ameaza na Antártida de Ramón Caride.
Luscofuscotv. (13 de novembro de 2011). A bruxa regañadentes [Arquivo de vídeo]. Youtube. https://youtu.be/-oWj0igPIMI
Ningún comentario:
Publicar un comentario