Casalderrey, F. (2011). O misterio da casa do Pombal, ilust. Manuel Uhía. Pontevedra: Editorial Xerme (Colección: O barco de vapor), nº 20, [79 pp.] (ISBN 978-84-9854-142-7).
O misterio da casa do Pombal é un libro impreso en papel con tapas brandas, cun formato de 19 x 12 cm e composto por 79 páxinas. O texto é de Fina Casalderrey e as ilustracións son obra de Manuel Uhía. A lectura desta é recomendable de 7 a 9 anos.
A
maior parte da cuberta está ocupada por unha imaxe dun neno e una nena xunto a
un tesouro e acompañados por un paxaro e un gato. O título da obra insírese na
parte superior da cuberta en letras negras e de gran tamaño, por riba del
aparece o nome da autora. Na parte superior da cuberta aparece o nome da serie
á que pertence xunto ao distintivo, que é a ilustración en fondo amarelo dun
barco de vapor. A contracuberta garda similitudes coa cuberta, xa que ámbalas
dúas están en fondo azul; mais nesta última, atopamos na marxe esquerda o
título da obra e o nome da autora en letra máis pequena e no lado dereito temos
unha sinopse da historia, así como a idade para a cal se recomenda a lectura.
Na parte inferior esquerda está o ISBN e o código de barras.
Con
respecto ao texto, é unha narración sinxela cun estilo narrativo similar ao
conto, conta cun narrador en terceira persoa. O léxico empregado é sinxelo, o
tamaño da letra é axeitado para o alumnado de 7 a 9 anos. A historia divídese
por capítulos, conta con numeración ao pé de páxina agás nas páxinas con
ilustración total.
As
ilustracións, de Manuel Uhía, teñen un estilo que recorda aos debuxos animados
o que as fai máis atractivas para os cativos. Emprega unha extensa paleta de
cores. Na obra atopamos principalmente dous tipos de ilustracións: as de páxina
enteira e as de media páxina; ambas axudan a unha mellor comprensión da
historia así como fan fincapé en elementos importantes do relato, é dicir, as
ilustracións son apoios da narración.
A
lectura trata sobre a misteriosa casa do Pombal. Todos os habitantes de Vilacova
teñen medo da casa do Pombal, xa que din que está enmeigada. Ninguén se achega
a ela ata que un día aparecen Rosa e os seus dous netos adoptados, Ramón e Rita,
xunto coas súas mascotas. A casa parece que ten vida propia e unha misteriosa
luz azul chama a atención dos nosos protagonistas así coma do pobo enteiro.
Despois de investigar na casa esa misteriosa forza leva a Ramón e a Rita a
encontrar un tesouro baixo o chan, o cal precisa para ser aberto dunha chave
que trae a súa avoa Rosa despois de que unha muller con ollos bicolor lla dera.
E así pódese cumprir o soño de Rosa de ter un fogar grande onde coidar e axudar
a moitos nenos orfos coma os seus netos.
Escollín
esta obra, debido a que foi unha das poucas das que o meu irmán pequeno garda
un bo recordo. Ademais transmite unha mensaxe moi positiva: que o que axuda aos
demais seralle recompensada esa bondade. E creo que é un valor que debemos
transmitirlle ao alumnado.
Como
futura docente, considero que este libro será un bo recurso para empregar nos
cursos de 4º e 5º de Educación Primaria posto que se traballa unha temática
propia da literatura galega, as lendas de mouras, e traballa valores tan
importantes como a bondade, o bo facer, a curiosidade. Así como, os tipos de
unidades familiares que pode haber, neste caso unha señora maior e dous nenos
orfos.
Actividades
propostas para esta lectura:
-
Antes da lectura proporía que dixeran
posibles teorías/hipóteses de cal é o misterio da casa do Pombal. E ideas
previas que tivesen sobre a obra. Lanzar hipóteses, intuír posibles liñas
argumentais...
-
Investigación por grupos sobre lendas de
mouras
-
Recreación dramática da obra literaria.
Podería ser un kamishibai ou teatro con monicreques.
-
Traballamos valores. Que é a xenerosidade?
Como se ve no texto? Parécevos que Rosa é xenerosa?
-
Tipos de unidades familiares. Cal é unha
boa familia? Son todas as familias como a de Rosa? Que motivaría a Rosa a
formar a súa familia? Cal é unha “boa” familia segundo os nosos valores
culturais?
Recursos en liña non atopados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario