1. Elección dunha obra literaria para a Educación Primaria
Elexín Maíto Panduro porque penso que é unha novela que trata temas sociais moi importantes hoxe en día. Recomendo esta lectura porque fai un enfoque da cruda realidade que sufren algunhas persoas de etnias e culturas distintas as nosas.
2. Realizar a ficha bibliográfica
MOURE, Gonzalo (2002). Maíto Panduro. XII Premio Ala Delta, ilust. Fernando Martín Godoy. Zaragoza: Edelvives.
3. Describir o formato da obra
Comenzando polo formato da obra, podemos dicir que a cuberta e a contracuberta son brandas. Na cuberta, se facemos unha análise detallada, preséntase en primer plano o rostro dun xoven en medio dunha montaña e no fondo aparece unha chica vestida de negro cunhas botas vermellas montada nun cabalo negro; na parte superior dereita aparece ilustrado un cadro no que se amosa o nome da colección, o título da obra, a editorial e por último o nome do autor. Por outra banda, a contracuberta é algo máis sinxela, está dividida en catro rectángulos simétricos, dous en cor verde e outros dous en branco; nunha das parcelas verdes amósase, en letras brancas, un pequeno resumo da obra e na outra parcela está escrita a biografía do autor; en cambio nas parcelas brancas aparece escrita, en letras maiúsculas de cor negro, a idade lectora recomendada e o ISBN do libro.
4. Resumir o argumento
Maito é un neno que vive nunha aldea xitana. O seu pai, Panduro, está no cárcere. Non sabe escribir; Por iso se comunican a través de debuxos onde expresan os seus medos, o desexo de volver á vida nómade e rural que manteñen algúns membros do seu clan, o seu pensamento, o desexo de liberdade, a tristeza pola separación e a soidade do cárcere. Susana, a mestra da escola, é unha testemuña silenciosa da relación e da tristeza do neno pola situación na que se atopa a súa familia. Un día esa forma de comunicación cambia: Panduro aprendeu a escribir. Isto decepciona a Maito: as súas conversas xa non son especiais, calquera pode entender ou interpretar a súa correspondencia. Cando o pai finalmente sae do cárcere, comezan unha nova vida no campo.
5. Describir as ilustracións
As ilustracións son de Fernando Martín Godoy. Son unhas preciosas colaxes cheas de fotografías en branco e negro, creando ambientación, combinadas cos debuxos a tinta dos personaxes.
6. Explicar as potencialidades da lectura desa obra para nenas/os de 6 a 12 anos
Pode ser unha novela moi interesante para levar a clase, xa que en cada aula imos atopar alumnos de diferentes culturas e etnias, e nesta obra trátase a realidade social que viven moitos deles. Ademais de tratar a diversidade cultural, as situacións de risco social nas que se desenvolven nenos e nenas de diferentes contextos, tamén existe unha oportunidade de reflexión sobre as relacións paterno-filiais e como os sentimentos e a afectividade está por riba dos convencionalismos da sociedade letrada.
BIBLIOGRAFÍA
Moure Trénor, G. (2002). Maíto Panduro. Edelvives.
Ningún comentario:
Publicar un comentario