Campanari,
José (2007) Sígueme ( unha historia de amor que non ten nada de raro).
OQO editora.
Escollín este libro xa que trata un dos grandes problemas que están a acontecer habitualmente na sociedade de hoxe en día, o tema das diferenzas entre as persoas. Penso que este libro podería axudarnos a explicarlle o alumnado que por ser diferente non son menos que alguén. Ademais de que tamén combina as ilustracións co texto, a través desto o alumnado poderá ter un apoio maior a hora de ler a historia.
Este, trátase dun libro ilustrado, que conta cunha cuberta e contracuberta de tapa dura.. Na propia cuberta atopámonos cunha imaxe que amosa moita máis información da que parece. No debuxo observamos un elefante diferente aos demais, pois é gris, gordo e con lunares morados ademais o autor móstrao cunha flor vermella na trompa. Este, está apoiado no que parece unha cinta métrica e ten de fondo teas de costura. Na cuberta tamén apréciase, o nome do propio libro, o nome do autor, o do ilustrador e a editorial á que pertence. Ao xirar o libro atopámonos coa contracuberta e observamos que é a continuidade do amosado na cuberta, polo que podemos apreciar parte desa cinta métrica e enriba dela unha folla cunha pequena pinga de auga. Nesta contracuberta tamén atopamos a editorial e o código de barras.
Unha das peculiaridades deste álbum
ilustrado é que conta con gardas tanto ao inicio como ao final. Na primeira
represéntase ao elefante nun labirinto, a diferenza da última garda que
asemella a unha mezcla de formiga e elefante cun chupete no fondo do mar. Ambas
as dúas dan moita información sobre o argumento do libro.
Ao pasar a páxina, a man esquerda podemos
observar os créditos cunha pequena dedicatoria; por outro lado a man dereita
atopámonos coa portada do libro. Nesta portada represéntase nunha folla grande
o título do libro e noutra folla máis pequena o nome do autor e ilustrador
deste álbum ilustrado, ambas follas parecen atoparse no fondo do mar cunhas
pequenas pingas de auga.
O texto vai acompañado dunha gran variedade de ilustración, ademais trátase dun texto relatado en terceira persona, asemella que esta vai observando a historia que está a suceder. Os protagonistas desta son un elefante e unha formiga con cintura de avespa diferentes aos demais da súa especie. Aparecen outros dous animais ao final do relato, o peixe bolboreta e un caracol rá. Esta terceira persoa conta a historia de amor onde o elefante namórase dunha formiga, ambos os dous diferentes aos da súa especie, e decide ir na súa procura. O elefante sempre deberá seguir un cartel que plasma a palabra “sígueme” de aí o título do libro. A historia conta con algunhas repeticións e para o meu asombro aclaracións no medio do texto. Aparecen moitas descricións dos distintos espazos e elementos que van aparecendo ao longo desta historia de amor e algún campo semántico de obxectos do relato. Algunhas das repeticións poderían ser “O elefante, nin lento nin preguizoso seguiuna” ou “Anda que anda a formiga, anda que anda o elefante…”.
Nesta historias as ilustracións poderían ser as que achegan a meirande parte da información, pois cada unhas das páxinas conteñen debuxos con cores claras e chamativas co fin de primeiro ficar nelas e despois ir ao texto. Os personaxes son debuxados de forma redondeada conseguindo así unha maior dozura. En todas as páxinas aparece debuxado o elefante como elemento principal da historia, os obxectos que aparecen ao longo do relato son resaltados con formas redondeadas e figuras grandes.
Eu para poder traballar este libro na clase primeiramente leríao en voz alta co apoio das imaxes de fondo, conseguindo que o alumnado entendese dunha maneira máis sinxela a historia. Unha vez traballado o conto na clase, se tivese éxito trataría o tema principal da historia e incluso falaría e investigaría sobre espazos mencionados nesta. Primeiramente falaríamos da selva, o que podemos atopar nela, as distintas árbores, animais, plantas etc, aínda que tamén poderiamos falar sobre o mar e as distintas especies que atopariamos nel. Ademais propoñería ao alumnado a procura dos diferentes animais mencionados na historia. Por último traballaría o tema principal e no que o autor fai especial mención ao longo da historia e é o tema da discriminación social. Durante toda a historia os personaxes que trata son distintos e raros aos da súa especie como por exemplo a formiga con cintura de avespa, o peixe bolboreta, un caracol rá etc. Este sería un tema moi interesante a tratar, xa que o vivimos no día a día e convén que os nenos de idades pequenas saiban que aínda que sexas diferente os demais non eres menos, conseguindo con isto que cando medren non teñan tantos prexuízos como os que atopamos agora na sociedade. Pois á fin e o cabo todos somos diferentes aínda que uns máis ca outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario