domingo, 31 de xaneiro de 2021

Celtia Figueiras: un boleto de ida á vila de Monicrequelandia

 




Celtia Figueiras naceu en 1986 en Esteiro, unha vila pertencente á comarca de Muros e Noia. Xa dende ben pequena emerxeu o seu interese polos libros; comezou a ler a idade moi temperá e en preescolar xa dominaba perfectamente esta destreza e era incapaz de deitarse cada noite sen ler un anaco, aínda que fosen cinco minutos.

 Na escola da súa infancia, o CEIP Ricardo Tobío, Celtia cóntanos que coñece a Xosé Agrelo, mestre de teatro durante toda a súa Educación Primaria e Secundaria. Cando lle preguntamos como cre que Agrelo influíu na súa formación, coméntanos que foi a persoa que espertou nela a súa paixón polo teatro e que deixou a súa pegada durante toda a súa vida. Participou con el en numerosas obras teatrais, tanto na escola como no instituto, e, unha vez falecido, o seu fillo púxose en contacto con ela para que representara unha das obras de Agrelo cos seus monicreques.

 Comezou os seus estudos superiores de Historia, pero o destino fixo que unha noite na “Sala Yago” de Santiago de Compostela os títeres se cruzasen no seu camiño e, irremediablemente, quedou absolutamente abraiada e prendida deles. Todos os domingos acudía para ver as obras que alí se representaban cheas de dozura, picardía, aventuras e misterios que como ben di ela “facían voar a miña imaxinación e avivecían as ansias de volver aos escenarios”. Comezou escribindo historias para títeres para anos máis tarde involucrarse tamén na montaxe.

 En 2007, Celtia mais o seu amigo e compañeiro Luis Vallecillo, fundan a compañía a Xanela do Maxín. Ambos deciden escribir unha obra de títeres de xeito afeccionado: crearon os monicreques, ensaiaron, elaboraron a escenografía, e casualidades da vida, a asociación do seu pobo, Esteiro, ofreceulles realizar unha representación desa obra. A partir deste momento, a vida de ambos cambia radicalmente e deciden formarse, estudar e dedicarse profesionalmente a este ámbito, no que seguen a traballar a día de hoxe. Celtia garda especial recordo da primeira obra que realizaron como compañía profesional, Chincha Rabincha, posto que foi a que lle permitiu entrar no mundo profesional das marionetas e a que lle cambiou a vida por completo.

         Ao longo da súa traxectoria profesional, ten realizado obradoiros para espallar os seus coñecementos tanto a mestres, como a rapaces e rapazas ou mesmo na propia rúa para os viandantes. En 2018, impulsada e animada pola súa nai, decide escribir e publicar os seus propios contos, deixando atrás a súa idea preconcibida de que os contos que ela escribía só eran para escoitar e non para ler. Coa publicación de Cantamos? (2018), decátase de que deste xeito as súas historias poderían chegar a máis xente e, a día de hoxe, podemos engadir títulos á súa lista como Pasando a bóla, Ula Lúa? e O Apalpador e a Nena sen Medo, e de seguro, moitos máis que están por vir.

            Deste xeito, podemos dicir que Celtia é unha persoa polifacética que salienta no mundo do teatro, dos títeres e tamén da escritura infantil galega.

Celtia Figueiras foi unha lectora empedernida dende ben cedo. Cando lle preguntamos cal foi o libro que máis a marcou, cóntanos que  foi Momo, de Michale Ende, do que lembra exactamente as emocións que sentiu cando o estaba a ler e os profundos sentimentos que afloraron cando o rematou. Como lectora, afirma que hoxe en día, non podería escoller un xénero literario determinado, posto que se mostra afín con todos eles, pero si salientaría o seu gusto pola novela histórica; recordemos que comezou os seus estudos na carreira de Historia antes de que os monicreques aparecesen na súa vida. Cabe salientar que dividimos a entrevista en dúas vertentes claramente diferenciadas: por unha banda, a súa faceta como titiriteira (formación, funcións, materiais, actuacións…) e, pola outra, centrarémonos no seu labor como escritora infantil.

A nosa entrevistada cóntanos que a formación dos titiriteiros en Galicia é algo moi complexo, pois, aínda que existe a Escola Superior de Arte Dramático, esta só se encarga de formar actores, actrices, dramaturgos ou directores, pero non titiriteiros. Foi unha dificultade moi grande coa que se atopou cando quixo comezar a súa formación, posto que na nosa comunidade autónoma non existen sitios onde formarse adecuadamente. Por todo isto, a primeira persoa á que Celtia acudiu para que lle ensinara o oficio e a creación dos monicreques, foi Jorge Rey, pertencente a unha das compañías máis antigas de Galiza, Títeres Cachirulo, e que previamente xa traballara durante máis de 30 anos con Monicreques de Kukas. Anos máis tarde, Celtia comezou a formar parte de UNIMA (Unión Internacional de Marionetistas) e grazas a isto entrou en contacto con moitos persoeiros dos títeres tanto do ámbito nacional como internacional. Cabe salientar figuras que marcaron a súa traxectoria como Toni Rumbao, catalán dedicado ao títere tradicional, tamén titiriteiros arxentinos moi interesantes como Miguel Ollarzun, da compañía Chon Chon, que foi o encargado de ensinarlle os trucos e texemanexes dos títeres de luva ou compañías teatrais como La gotera de la azotea. Tamén debemos salientar a súa formación para conseguir as diferentes voces para as personaxes; dedicou tres anos da súa vida a formarse e traballar este ámbito xa non pola complexidade que pode supor o cambio de voces, senón para non amolar as súas cordas vocais, posto que nunha actuación adoita pasar de sons moi agudos a outros moi graves e viceversa, polo que require dunha preparación previa da voz.

Dende o ano 2007, as artes escénicas son a súa única actividade ininterrompida. Reparte o seu tempo entre a súa compañía teatral e a burocracia, o que lle deixa pouco tempo para a súa parte máis artística: ensaios, coordinación de artistas, desenvolvementos das dramaturxias… Aínda así, intenta dedicar unha hora diaria á escritura ou á creación de monicreques. Se ben é certo que este é o seu día a día, tamén existen situacións excepcionais, como a publicación da súa última obra, Pasando a bola, no que estivo escribindo de xeito intensivo durante oito, dez ou doce horas diarias. Posto que ten que compaxinar o seu labor como nai con todas as actividades citadas anteriormente, cre que as mellores ideas xorden ao final do día, cando está máis cansa. Por outra banda, para poder escribir ou realizar os títeres necesita calma, harmonía e paz mental; moitas veces pasa por situacións complicadas ou sofre inquedanzas que complicar a súa labor, polo que pódese considerar o estado de ánimo como un factor fundamental para desenvolver o seu labor.

Así mesmo, ante a nosa pregunta sobre de que material están feitos os títeres, Celtia expón que os seus monicreques e a escenografía están elaborados de distintos materiais como teas, plásticos, gomaeva e moitos materiais de refugallo; de feito, na súa obra O Murmurio do Mar, recolleron lixo das praias para crear as personaxes e o escenario; considera que esta experiencia foi moi enriquecedora pola pequena aportación que fixeron para coidar o medio ambiente e transformar ese lixo nalgo creativo, pero tamén moi deprimente pola cantidade de sucidade acumulada nas praias galegas.

 Ao longo da súa traxectoria actuou en variedade de lugares, coma teatros, auditorios, escolas e mesmo na rúa, mais cando lle preguntamos sobre que contexto prefire, considera que tódalas experiencias son enriquecedoras e teñen aspectos positivos. Por exemplo, cando actúa fronte a poucas persoas despois podese quedar a conversar con eles, sendo así unha práctica máis próxima, mentres que cando actúa para un gran público é marabillosa a enerxía que percibe de todo o público. Ademais, desfruta moito as súas actuacións nas escolas, sobre todo cando se realizan para todo o centro escolar posto que a interrelación entre o alumnado de maior idade e o de menor, é moi interesante. Tamén nos conta que ten levado a cabo experimentos interxeracionais, entre nenos e maiores, posto que considera estas experiencias moi enriquecedoras. Ante a situación de pandemia provocada pola Covid-19 que estamos a vivir, bota en falta o feedback directo cos rapaces e rapazas, así como os obradoiros onde o contacto é maior.

 Neste sentido, ante a nosa pregunta sobre que en Galiza existe tradición e grupos especializados como o Festival de Redondela, e como ve ela o panorama actual, Celtia considera que a última década foi moi cambiante. Cando comezou no mundo dos títeres, en 2007, existía moita riqueza artística e cultural que foi o que impulsou o seu traballo con tanta forza, participando en festivais como o Festival de Redondela; non obstante, coa crise económica as programacións descenderon notablemente e as novas compañías non podían manterse. Nos últimos dez anos mudaron moito as políticas culturais; por exemplo, durante o tripartito produciuse un afloramento cultural, máis tarde volver descender… Hoxe en día, os festivais máis emblemáticas seguen a realizar funcións malia as circunstancias que estamos a vivir, como o Festival Internacional de Títeres Galicreques, que se leva a cabo en Santiago de Compostela e está dirixido por Jorge Rey, o impulsor da propia Celtia.

 A propia Celtia recoméndanos Un tesoro en nuestras manos, obra de Enkarni Genua, na que se explica como empregar os títeres na docencia ou na psicoloxía. Unha característica fascinante que teñen os títeres é que chegan de xeito diferente aos rapaces e rapazas, comunican e transmiten de xeito diferente e tamén son recibidos de xeito distinto. Na súa experiencia traballando con nenos e nenas ou mesmo coas súas fillas, sempre que existe unha cuestión que lles custa contar, que non se atreven ou que teñen temores, emprega un títere e os rapaces ábrense con maior facilidade. Isto é unha grande responsabilidade para ela e procura ter moito coidado e tino co que transmiten os seus monicreques sendo sempre  sensible con todas as realidades existentes.

 Centrándonos agora na súa faceta como escritora, esta comezou en 2018 impulsada e animada pola súa nai. A súa preferencia pola literatura infantil xorde cando formou a compañía teatral Xanela do Maxín, a mesma que provocou que recuperara o seu interese polos libros infantís. Con todo, dende 2007 até 2018, as ideas foron fervendo na súa testa e por fin se decidiu a elaborar obras para nenos e nenas, pero nunca deixando de lado o seu labor como titiriteira ou contacontos. Ante a nosa pregunta sobre cal foi o primeiro libro que publicou e cando, expónnos que o seu primeiro libro Cantamos?, creouno en colaboración co seu compañeiro Luis Vallecillo, e xurdiu cando este último ía producir un disco e Celtia propuxo crear un conto para acompañalo. Esta obra foi representada durante moito tempo e ademais, o libro publicado inclúe dous CD’s coas cancións de Luis, un CD con Celtia como contacontos e tamén pictogramas para que teñan acceso a el nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo. Cando lle preguntamos sobre autores ou autoras nos que se inspirou para escribir as súas obras, cóntanos que estas son unha conxunción de todos os libros e autores que leva lido ao longo da súa vida. Por outra banda, confesa que o seu libro Ula lúa? (2018) posúe gran cantidade de trazos autobiográficos; nesta historia, a gatiña que quería viaxar, ser libre, ter amigas para xogar e dar a volta ao mundo e saír dese lugar no se sentía pechada, representa á propia Celtia, os seus desexos e inquedanzas cando era cativa. Ademais, no resto das súas obras Pasando a Bóla (2019) e O Apalpador e a Nena sen medo (2019) conteñen tamén trazos propios, sucesos que lle aconteceron e que marcaron a súa vida e, incluso, persoas que coñece.

 É tamén en 2018 cando decide crear Guindastre Edicións, editorial coa que pretende mover e transportar a cultura a todos os recunchos. A mesma editorial é a encargada de publicar os seus exemplares. Ademais de Guindastre Edicións, cóntanos que para dar a coñecer o seu traballo emprega diferentes canles como internet, o seu blog persoal ou os medios de comunicación, aínda que, sen dúbida, o máis efectivo é o boca a boca entre as familias.

 Ante a nosa cuestión sobre como afecta a Covid-19 no seuu labor, expresa que a súa situación laboral cambiou drasticamente: onde antes un teatro ou auditorio podía acoller a 300 persoas, agora son 50. Este feito provoca que gran parte do público quede fóra da cultura e non poida desfrutar da mesma, aínda que queiran facelo; ademais, fai fincapé en que é moi duro enfrontarse a todos os espazos baleiros cando estás a actuar. Con todo, todos desexamos que a situación mellore o máis pronto posible para poder retomar as actividades e que os pais e nais poidan seguir levando aos seus fillos a estas actividades tan enriquecedoras e que fomentan activamente a lectura.

 Ante a nosa pregunta sobre se considera importante a labor docente e familiar na formación de lectores competentes, Celtia considera que a función de ambos é fundamental. Por unha banda, os mestres e mestras deben fomentar e animar, pero nunca impoñer; o fracaso na lectura vén dado pola imposición de obras non adecuadas á idade ou de exemplares que non interesan ao alumnado. Ademais, estima que o actual sistema educativo non ten en conta en moitas ocasións o individualismo nin as preferencias ou necesidades do alumnado. O rol das familias é igualmente importante; é necesario que propoñan materiais e recursos, que nas casas os rapaces poidan atopar exemplares aos que acudir cando están aburridos e considera fundamental non obrigarlles a rematar unha historia que non lles gusta. Por outra banda, entende a imaxinación e a creatividade como unha parte fundamental na lectura que hai que traballar e darlle a importancia que se merece, posto que sen elas os rapaces e rapaces non serán capaces de introducirse por completo nas historias. Ademais, cando lle preguntamos sobre posibles estratexias para a animación á lectura no noso labor como futuras docentes,  Celtia opina que as mellores estratexias que podemos empregar son o desenvolvemento da imaxinación e da creatividade, encarándoos cara os libros e a lectoescritura; traballando estes dous ámbitos chegará o desfrute pola lectura; tamén fai fincapé en tratar temáticas de interese para o alumnado tendo en conta a súa idade, aínda que a calidade artística ou literaria das obras non sexan perfectas, xa chegará ese momento, pero o importante é facer que se prendan da lectura.  Por isto, fai uns anos creou o obradoiro Imaxinar tamén conta, no que se centraba no fomento e desenvolvemento dos aspectos anteriores.

Cando lle preguntamos se considera importante para a formación de futuros lectores e lectoras que as escolas conten con profesionais coma ela, para a nosa entrevistada, a formación integral do individuo pode obterse a través do teatro; considera que é unha materia completa posto que abarca a parte artística, a pintura, a escultura, a escenografía… Para esta última son necesarias as matemáticas, o cálculo, a xeometría… Tamén se traballa a literatura porque debemos coñecer obras literarias para o seu correcto desenvolvemento; deste xeito, tamén se traballa a lingua ao escribir os guións correctamente; con todo, todas as materias que veñen incluídas no currículo se poden traballar empregando o teatro como metodoloxía: a educadora ou o educador son actores e actrices que están aí para guiar a outros actores e actrices (alumnado) que serán dramaturgos, matemáticos, lingüistas, etc.

 Xa para rematar, Celtia cóntanos que na actualidade se atopa traballando nun proxecto que sairá á luz en 2021 e que se atopa intimamente relacionado con Eduardo Blanco Amor. Que será? Estamos desexando coñecelo!

Enlaces de interese: 

Enlace á entrevista:

https://drive.google.com/file/d/1bnyxPk_l9q7uTB3zMgNSsV1mGOLVNkm5/view?usp=sharing

Enlace ao blog de Celtia:

http://celtiafigueiras.blogspot.com/



 


Entrevista á psicóloga Paula Rodríguez Álvarez


 Psicoloxía a través da lectura.

Visión dende o punto de vista da psicoloxía da importancia das emocións e da súa xestión a través da lectura.

Descrición da entrevistada:

A nosa entrevistada é Paula Rodríguez Álvarez, nada en Ramirás, Villavidal o 17/04/1984. 

Comezou a súa etapa escolar aos catro anos, na escola unitaria de Villavidal, seguindo os pasos da súa nai. Estivo tan só ata os seis anos xa que a escola pechou definitivamente por falta de alumnos, no último ano que Paula estivo alí, eran tan só cinco alumnos. 

    Logo pasou ó colexio público Rogelio García Yáñez, do Picouto, Ramirás, alí cursou toda a EXB ata os catorce, cando pasou a estudar ao IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova, alí rematou a ESO e fixo o bacharelato de ciencias da saúde. 

     Accedeu a universidade e licenciouse en psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, promoción 2002-2007. A súa formación foi clínica pero cubriu todos os créditos de libre elección, con materias de Psicoloxía Educativa e Psicoloxía Social, abarcando así coñecementos nas tres áreas principais. Unha vez rematada a carreira, realizou un máster de Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte na UNED. 

     A día de hoxe, continúa a súa formación, principalmente a través dos cursos que realiza no Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, formándose en terapias da terceira xeración, en violencia de xénero, e en psicoloxía emerxencista pertencendo ao grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias de Galicia adscrito ao 112. 

     Na actualidade estase formando na Axencia Galega de Seguridade Pública no ámbito das emerxencias. Ademais diso, é profesora auxiliar de psicoloxía deportiva e liderazgo na Escola Galega de Adestradores na Delegación de Ourense.


Motivos de realización da entrevista:

O principal motivo de realizar esta entrevista foi continuar coa temática elixida para a realización da biblioteca de aula, as emocións. Que mellor forma de tratalo que entrevistando a unha profesional do campo que pode falarnos dende a profesionalidade, tanto de emocións como de lecturas que ela mesma aplica nas terapias.

Partíamos coa vantaxe de saber que Paula podía resolvernos moitas das cuestións expostas, xa que as tres somos veciñas do mesmo concello. Ao coñecela persoalmente atraíanos moito, xa que nos interesaba saber e coñecer máis sobre ela como profesional.

Pensamos que é importante resaltar a necesaria formación sobre a xestión emocional, e a través desta entrevista esperamos aprender como ensinar a nenos e nenas a ter unha boa educación emocional a través de métodos como a lectura, que tamén pensamos que é algo básico ao longo da etapa educativa e, por suposto, fóra dela. 

Entrevista:

- Que é o que máis che gusta do teu traballo?

    - O que máis me gusta do meu traballo, sen dúbida é a satisfacción que dá axudar a alguén. Digamos que é a máxima expresión da compaixón, a compaixón ben entendida, non pena, se non que ti empatizas con alguén, intentas poñerte na súa pel, aínda que nunca das claro, e buscas como axudalo, e cando chega a un punto de resolución, a alegría que esa persoa ten, é compartida. Iso encántame, tender a man, é o máis bonito do ser humano e o máis gratificante que hai. 

    Para min as terapias son unha aprendizaxe mutua, ti tamén aprendes dos teus pacientes, ademais cada terapia é distinta.

-Por que decidiches dedicarte á psicoloxía?

    - Realmente, porque eu tamén estiven aí, dese lado, aí descubrín a psicoloxía. Nese momento non me atraía, de feito, renegaba dela, eu non era nin maior de idade, foi ó chegar o bacharelato cando me empezou a atraer moito máis, de feito, a miña primeira idea era  psiquiatría pero despois enganchoume máis a psicoloxía, gústame moito máis a parte máis humana e menos médica.

-Tes valorado a posibilidade de prepararte no campo da psicoloxía infantil?

    - Realmente cando estiven traballando no punto de atención a infancia, que foron dez anos, tiraba de todos os coñecementos que tiña da psicoloxía infantil. E tamén, por vontade propia, fixen todas as materias de libre elección todas na miña carreira pero de distintos campos para ter un pouco un coñecemento de todo, agora estou máis centrada sobre todo nas terapias de terceira xeración e na psicoloxía etnocentrista.

-Que é a psicoloxía etnocentrista?

    -É un grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias, pertence ao Colexio de Psicólogos de Santiago, haino en todos os colexios de España, pero no de Galicia chámase ICE. O que facemos é intervir cando hai algunha catástrofe ou emerxencias, o exemplo máis claro e un dos que máis impacto tivo foi o accidente de tren en Angrois, alí traballou o ICE, eu daquelas aínda non pertencía ao grupo. Intervense durante as primeiras 72 horas, digamos que fas un pouco de parachoque emocional, para que os problemas que veñan despois non se agraven aínda máis, nós intervimos cando hai vítimas estamos co entorno que hai arredor, por exemplo, acompañas a alguén no duelo, despois xa seguen as súas terapias normais pode ser contigo, ou non, ti non podes ofrecerte, si queren contactan contigo farano. Agora mesmo, hai menos de 40 psicólogos en Galicia que pertenzan ao ICE e realmente son moi poucos. A día de hoxe no que máis se intervén é no Covid.

    Continuando coa pregunta, non, claro que non descarto formarme máis sobre a psicoloxía infantil, xa que este traballo require estar en continua formación.

-Cales son as principais diferenzas entre terapia infantil e terapia para adultos?

    -Considero que a gran diferenza é a importancia de saber a quen tes diante, sempre tes que entender ao paciente, pero nos nenos é de vital importancia. O nivel evolutivo dos nenos non é o mesmo que o de un adulto co que podes falar de procesos cognitivos, e cun neno, non, por exemplo. 

    Por iso me gusta tanto traballar cos nenos a través do deporte porque podes axudalos da mesma forma, sacándoos do formalismo do despacho. Xa que a psicoloxía segue a ser un tabú, tenme pasado que cando atendo a algún neno, os pais intentan ocultar que estivo aquí, e logo tamén hai casos nos que os pais mandan ao neno e non lle din nin quen son nin para que está aquí.

    Os pais son os que máis prexuízos teñen e os que más etiquetan as cousas, eu persoalmente renego das etiquetas, en adultos aínda pode pasar, pero en cativos o de dicir… ti es… ti tes… non pode pasar. 

    Eu, os psicólogos, estamos para axudar e é moi importante que o saiban.

Cales cres que son os trastornos ou problemas mais comúns que se dan a día de hoxe nos nenos e nas nenas? 

    - Máis que trastornos, diría que o problema  máis común é a mala xestión das emocións, isto ten consecuencias graves, xa que cando os nenos senten algo que saben que non está ben, non saben como expresalo. 

    Deixando a un lado as patoloxías, psicopatoloxías, trastornos… o que máis se dá nas baixas idades son os medos, as fobias, a ansiedade infantil, a baixa autoestima… Pero como xa mencionei antes, non debemos etiquetalos, hai que explicarlle que están pasando por unha situación atípica, pero eles non son esa situación, por exemplo, o problema do etiquetado levou a que fai uns anos moitos nenos foran diagnosticados co trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH), sen selo. Simplemente precisaban dalgunha corrección da súa conducta pero sen precisar medicación nin moito menos.

Pensas que a Covid puido agravar algúns destes problemas?

    -Si, traballando durante o confinamento noteino, pero algúns problemas si que é certo que se agravaron ao empezar o cole. 

    No confinamento atendín algún neno e nena que non estaba en terapia e outros que xa estaban e si que se incrementaron os seus medos, fobias e inseguridades. O non ver a ninguén, o estar pechados, iso afectou moito aos cativos.

    Outro tema que non trataba habitualmente e pasou a ser do que máis tratei, foi a adicción ao uso de tecnoloxías, o problema xa estaba aí pero incrementouse notablemente. Antes, había horas nas que non podían xogar con videoxogos porque estaban no colexio, pero ao desaparecer as obrigacións, o ocio pasou a ocupar a maior parte do tempo.

    Pero é verdade é que outros problemas se solucionaron, como a falta de atención que algúns cativos necesitaban, isto para moitas familias foi bo, e fíxoos reflexionar.

-Cal é o papel dos pais na súa detección? 

    -É moi importante, está claro, pero non deben alterarse, é imposible que non se preocupen porque son os pais, pero é vital que teñan unha boa comunicación cos fillos para poder detectar posibles trastornos ou problemas. 

    Hai adultos que non teñen en conta a opinión ou o que din os nenos simplemente polo feito de selo, isto leva a situacións como dar por sentado que ao neno lle pasa algo e antes de falar con el, que é o protagonista,  falan coa familia, cos mestres ou incluso con médicos. É importante manter a calma, falar cos fillos e si é necesario acudir a un profesional.

    Eu estou moi orgullosa e sempre o estarei de que meus pais cando eu tiña 13 anos, notaron que tiña un problema, e antes de precipitarse ou rifarme o que fixeron foi, falar comigo, intentar entenderme e levarme ao psicólogo, a miña etiqueta era anorexia nerviosa, pero o problema radicaba na autoconfianza.  Por iso, cando alguén acude a min, e me di, non sei que facer, sempre digo que o primeiro paso xa está feito, pedir axuda, e non é nada malo necesitala. 

    Así, como vedes, no meu caso o papel dos pais na detección do problema foi vital, eu soa non me ía decatar de que precisaba axuda

-Cóntanos, cal é a importancia dunha boa xestión das emocións? Cres que se debe traballalo cos nenos e nenas as emocións dende idades temperás?

    -É algo básico e fundamental, e por suposto que se debe traballar cos nenos e nenas, o día que haxa unha materia obrigatoria de xestión emocional asegúrovos que fago unha festa.

    Eu emprego moito cos nenos un libro sobre emocións, O Emocionario, ademais gústame tanto que sempre o regalo aos pais e nenos do meu arredor, é un manual moi interesante que ademais contén actividades para realizar, pero hai moitos máis, dende que Daniel Goleman comezou a falar de intelixencia emocional foron moitos os que comezaron tamén a investigar nese campo.

    A nos ninguén nos ensina a xestionar as emocións ata que comezamos a ser máis adultos e somos conscientes do que nos ocorre. O típico é que de pequenos nos din que temos que esconder as emocións, non chores, son rias tan alto... os adultos que din isto fan o mesmo, e nos cremos que é o que está ben, e non é así, co san que é que si o teu fillo te ve chorar, lle expliques que é o que pasa, e que entenda que esa situación vai mudar, o que sinte é tristeza pero logo se vai a pasar, así vai entender que as emocións non son nin malas nin boas, simplemente ocorren e son totalmente normais.

    As emocións van e veñen, son como un balón que afundimos no auga, podémolas esconder e non asumir, pero sempre están aí, en canto soltes o balón aparecen de novo. É básico saber nomear o que estas sentindo, unha vez o fagas, tes que interpretar o porqué, sen cuestionalo nin analizalo, simplemente saber o que estás sentindo sabendo que como ven, vaise.

    Todas as emocións son importantes, e ningunha emoción é mala, por exemplo, si non tiveramos medo, cruzaríamos a rúa sen mirar.

-Pensas que en xeral e na actualidade a infancia ten dificultade á hora de xestionar as súas emocións? 

    -Si, moita, como mencionei anteriormente, aprendemos que non se deben expresar, quítaselle importancia, e imos crecendo, saímos da zona de confort, e cando chegamos a adolescencia, por exemplo, que empezamos a buscar a nosa identidade, hai unha parte que é a emocional que incluso a queres chegar a ocultar, porque pensas que é unha parte de ti que a sociedade recoñece como auténtica e pensas que debes seguir uns cánones e cumprir unhas expectativas e por iso as ocultas.

    Como consecuencia diso, hai moitas situacións  e conflitos internos que non saben como manexalos correctamente, así xorden problemas como o que me sucedeu a min, a etiqueta foi anorexia nerviosa, e o problema era a falta de autoestima e de autoconfianza que non o tiña nin elevada nin traballada e volveuse na miña contra e busquei un mal recurso, pero como eu con 13 anos ía saber que o que me pasaba era que non me sentía válida nin capaz, segura, eu pensaba que era do físico e non o sabía eu nin o saben agora.

    Hai que ter en conta que normalmente detrás dun mal comportamento, por exemplo, hai algunha explicación, non podemos xulgar a ese neno como alguén que se porta mal sen pensar en porqué o fai, debemos afondar no tema e xeralmente, sempre hai algo máis, algo que o incomoda e por iso actúa desa maneira.

    É moi importante traballalo dende pequenos para evitar estas situacións.

-Cres que a lectura favorece en moitos aspectos o desenvolvemento dos nenos e nenas? 

    -Sen dúbida, fainos pensar por si mesmos e razoar, considero que os libros son como as terapias, o aprendizaxe é mutuo, ao mesmo tempo estás recibindo información e creando outra nova, canto máis leas, máis variedade de pensamento terás. Hai unha frase moi boa de Unamuno, que agora non recordo moi ben, pero que dicía algo así como: Canto máis libros leses máis fácil para ti vai ser pensar. 

    A lectura é moi útil tamén para a mellorar a expresión e tamén para ampliar o vocabulario, de feito penso que é unha forma moi válida e sincera para aprendelo, se ti les moito terás moita facilidade para expresarte.

Que opinas sobre o desenvolvemento das emocións a través da lectura? Cales destacarías?

    -É necesario traballar coas lecturas, xa sexan sobre as emocións como tal, ou non, calquera libro que leas terá algo que ver coas emocións. Na miña opinión, hai que facer que os nenos lean máis, considero que é un tema pendente dos pais, xa que nas escolas sí que fomentan moito máis a lectura. 

    O debate que se crea unha vez les o libro é moi enriquecedor, cando les unha historia, e te identificas, ábrese un amplo mundo de debate.

    Eu como psicóloga, nas terapias recomendo algún para despois poder falar del, sempre busco tirar dalgunha historia na que haxa emocións, para que a través do libro se identifique e se exprese. 

    Ultimamente para traballar con adolescentes e pre-adolescentes estiven lendo uns libros que creo que son os que se están traballando estes últimos anos na ESO. Sempre que lle mando algunha lectura a un neno eu tamén o leo para logo falar del e tamén para saber si llo podo recomendar, as lecturas das que falo son  Irmán do vento, Corazóns de Xúpiter, 22 segundos; estes libros para falar das emocións con pre-adolescentes están xenial.

    Irmán do vento fala do conflito de Iraq pero non che fala do que ves nas noticias, nesta historia exprésanse unha chea de sentimentos. Outros falan sobre como es no instituto e como cres que te ven os demais, a partir diso abres o debate, moito mellor que dar unha charla.

    Moitos len por obriga sen afondar na historia, pero se o fas de seguro que estes libros che farán pensar. Eu recordo un libro que lin na escola, penso que estaba empezando a ESO e veu ao instituto a propia autora e claro aquilo era como “Bua, que pasada”,  firmounos o libro e eu gárdoo con moito cariño, ademais de firmalo, debuxoume un bonequiño; recordo que estaba moi emocionada, o libro chamábase ¡Pásmate, Merche!, de Fina Casalderrey, ese libro marcoume moito, para min foi moi emocionante porque me encanta que me firmen os libros. Tamén teño a firma de Daniel Goleman, que conseguín na Coruña nun congreso sobre a educación emocional. 

    Pero a primeira vez que sentín a satisfacción de que un autor che firme un libro foi con ela, con Fina, encantoume aquela escritora, contounos un montón de historias, eu estaba fascinadísima, tiña 11 anos, podo decir que a partir dese momento empecei a interesarme polos libros

    Gústame moito coñecer novas lecturas, eu vou moito aos foros emociona, sobre a educación emocional e sempre traen libros, algúns moi comerciais, outros non tanto, pero a min o que me gusta é comentalos cos autores, sempre che gardan ese ratiño para que ti poidas ir a firmar e charlar un ratiño.

    Adoro os libros que che fan indagar nas emocións indirectamente,  a lectura para o desenvolvemento das emocións é fundamental.

-Para ti,  que é o máis importante a ter en conta polas persoas adultas que son as mediadoras entre a infancia e a lectura?

    -É moi importante saber que os adultos son o modelo a seguir dos nenos pequenos, fan o que os adultos fan, tanto o bo, como o malo. Si te ven todo o tempo co móbil na man, seguramente pensen que non está mal facelo, pero, si te ven cun libro na man…

    De feito, eu recordo ao meu pai, que xa fixo 63, sempre cun libro na man, a día de hoxe ségueo facendo, e claro iso eu vino e sempre me inculcou ese amor e gusto pola lectura.

    Os adultos somos un espello no que se poidan reflexar e somos nos quen os temos que entender a eles. Eu incluso, para poder chegar a un neno que lle encantaba a Historia, chamei a un amigo graduado en Historia, deume recursos de Youtube, libros e con iso xa tiña medio camiño andado para chegar a el, porque a partir diso tiramos por outras cousas. 

    Falando de libros… agora mesmo, estou facendo unha gran biblioteca na miña casa, e para min, mirade a miña obsesión cos libros, penso que todo vai a xirar en torno a ela.

    Acórdome que cando traballei no xardín da infancia había un libro que tiña moito afán entre os nenos, O pito cairo, e a verdade é que non sei por que pero tiña un exitazo; e tamén recordo outro libro que gustaba moito, Elmer.

Respecto á autoestima, que grao de importancia ten para asegurar unha boa xestión das emocións?

    -Realmente, unha vai sobre a outra, porque si eu non sei xestionar as emocións, voume percibir como alguén incapaz, non válida para facelo, entón a idea que vou ter de min non vai ser positiva, co cal a miña autoestima, vai ser moi baixa.

    Si eu teño unha baixa autoestima seguramente as emocións vounas percibir dunha forma incontrolable, é dicir, si teño baixa autoestima e ademais me pasa algo que me fai sentir moi triste, sentireime moito peor, todo vai conxuntamente. 

    A nivel psicolóxico, si non tocas a autoestima, tocas a autoconfianza, si tocas a motivación, vas  tocar a confianza, sempre é así, si tocas as emocións vas a tocar a condición superior, é dicir vas tocar a forma de entrar e de razoar, porque cando un sabe xestionar as emocións, o famoso control dos pensamentos, que non existe, dáche igual, os pensamentos veñen e van e xeran emocións, é o seu proceso natural e non pasa nada, simplemente que estou vivo, iso é que o nosos cerebro está funcionando.

De que forma traballarías ou traballas como psicóloga a correcta xestión das emocións? Empregas algún libro de lectura cos teus pacientes? Si é así, cal e porqué.

    - A xestión das emocións para min, é un dos pilares da terapia, porque é o que máis coñecemos e o que máis nos está complicando a historia. Cada terapia é un mundo pero hai básicos que sempre teñen que tratarse, ese é caso da xestión das emocións, dependendo de si son nenos, podemos traballalos a través de xogos ou de historias. E cos adultos normalmente fago terapias cognitivo-conductuais, nas que traballamos a parte emocional e a parte conductual onde o paciente sempre é o protagonista, digamos que nós somos os guías pero o protagonista é o paciente, as emocións trabállanse a través do autorexistro, da auto-observación e introspección. 

    É moi importante deixar claro que non funcionamos mal, simplemente non estamos empregando a forma correcta e iso nos pode estar prexudicando. 

    Si que traballo a través da lectura, cos nenos emprego o Emocionario; cos preadolescentes, como vos dixen, emprego libros que vou lendo e vou recomendando, o último que lin foi Caperucita en Manhattan e Invisible para os nenos da ESO. Para os adultos emprego bastante os libros que tratan a ansiedade, xa que xeralmente abarcan calquera tipo de emoción.

    Dos que quito historias son de Jorge Bucay, nos seus libros sempre hai pequenas historias que fan reflexionar. Eu non quero caer no tema da autoaxuda que pouco axuda, hai libros de autoaxuda moi bos, pero hai outros libros que igual lelo agora e é un subidón pero despois quédaste peor. Eu de autoaxuda o que máis recomendo é a Bucay,  tendo moi en conta que non podes solucionar un problema lendo un libro, debes complementalo con terapia. 

    Respecto a psicoloxía deportiva, o básico que recomendo a todos os adestradores é o libro de Phil Jackson, Once anillos, no libro mesturase o liderazgo e a mentalidade zen. E para os deportistas e as deportistas recomendo Open de Andrea Agassi, e o de Andrés Iniesta La jugada de mi vida, porque sen facelo directamente, cóntanos como el aínda estando ao seu nivel,  pasou unha depresión.

Que outros métodos ademais da lectura recomendas?

    -A relaxación por suposto, a relaxación muscular, relaxación diafragmática, e o adestramento na atención plena, para min ambas son tan importantes como lavar os dentes,  algo que fagamos habitualmente.  Para xestionar as emocións, debemos manter ese equilibrio entre elas, saber que veñen e van, e iso tamén debería ser algo que aprenderamos dende pequenos. Pero xa vos digo, a relaxación, atención plena e lectura deberíamos facelo todos. Para min a lectura e a escritura son unha terapia.


Nuria Rodríguez Gil

Nerea Salgado Ferreira

Entrevista a Nuria Rábano Blanco xogadora da Real Sociedade


Estereotipos de xénero no deporte: “Que ben xogas para ser unha nena”.

  


A nosa entrevistada é Nuria Rábano Blanco, nada o 15 de xuño de 1999 en Santiago de Compostela (A Coruña). É unha xogadora de fútbol feminino que dende pequena comezou a xogar a este deporte no equipo do seu pobo, O Milladoiro. Na súa traxectoria como futbolista xogou en varios equipos como o Atlético Arousana  no 2015; ao seguinte ano foi fichada por un dos equipos máis coñecidos de Galicia como é o Deportivo da Coruña, chegando a xogar na Primeira División Española, a súa etapa neste equipo durou dende o 2016 ata o 2020; finalmente este ano fichou pola Real Sociedade, equipo da Primeira División Española no cal milita agora mesmo. No tocante aos premios que acadou na súa carreira que aínda continua, podemos destacar que foi nomeada o ano pasado a mellor lateral esquerda da liga, posicionándose no once ideal da tempada 2019/2020. Outro premio que conseguiu, foi o subcampeonato no Europeo sub-20.


O motivo ou interese da realización desta entrevista, é visibilizar varios dos problemas presentes na nosa sociedade e que repercuten na escola. Os estereotipos de xénero  influen no noso comportamento desde que nacemos, nesta entrevista poñemos o foco no fútbol e a realidade da muller neste ámbito. Nos colexios, podemos visualizar como as nenas que xogan ao fútbol son “marimachos” ou sofren múltiples descalificacións por querer ser un máis no equipo, nós mesmos considerámonos partícipes destes comentarios cando eramos rapaces, por iso, miramos necesario o cambio e como futuros docentes sería importante intentar erradicar estes comentarios ou estigmas. Por outra banda, queremos por en manifesto a falta de referentes femininos no deporte, concretamente no fútbol que se debe pola falta de visibilización. Por último, ser coñecedores da experiencia dunha deportista de élite durante o confinamento.

Reprodución da conversa: 

A entrevista realizouse vía whatsapp, mandamos as preguntras nun documento pdf e Nuria respondeu mediante audios de voz, a continuación realizamos a transcripción da entrevista: 


Primeiro Bloque: 

Cando se despertou o teu interese polo fútbol?

Pois dende pequena meu pai entrenaba ao Milladoiro S.D. e na miña familia sempre houbo moito futbol.

Durante a túa infancia os teus referentes eran xogadores ou xogadoras?

Os meus referentes sempre foron xogadores masculinos, de feito ata fai pouco eran masculinos. Agora cada vez máis fíxome en xogadoras.

Pensas que as rapazas necesitan ter unha maior visibilización de  referentes femininos no fútbol?

Ehh.. si e creo que así estarían convecendo ás nenas de que é un deporte para todos os xéneros e provocaría que tanto os nenos como nenas se fixen moito máis en nós. Ehh.. desta forma as nenas terían referentes femininos e non terían medo dos comentarios.

Recordas algunha obra literaria da túa infancia na que a protagonista fose unha rapaza/muller deportista?

A verdade é que non, ao menos (ehh...) na miña infancia non recordo ningunha, pero sería moi interesante que existisen libros, nos que mulleres ou nenas fosen protagonistas en ámbitos nos que (ehh...) existe unha superioridade masculina, (ehh..) do mesmo xeito que sería bo que existisen libros nos que nenos fosen protagonistas en ámbitos con superioridade feminina ou iso creo eu, non sei.    


venres, 29 de xaneiro de 2021

 



ENTREVISTA A CARLOS NEGRO



DIDÁCTICA DA LINGUA E DA LITERATURA: GALEGO


Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social de Ourense

Docente: María Isabel Mociño

3º curso: Grao en Educación Primaria

2020-2021



Figueiredo Díaz, David

Ortiz Pérez, Carlos





  • TÍTULO.


O MUNDO DA POESÍA.


  • SUBTÍTULO.


AS VIVENCIAS DE CARLOS NEGRO COMO PROMOTOR DA POESÍA, COMO DOCENTE E COMO ESCRITOR.


  • PRESENTACIÓN DO ENTREVISTADO (DATOS XERAIS, TRAXECTORIA, ÁREAS NAS QUE DESTACA, RECOÑECEMENTOS…)


Carlos Negro, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego, ademáis, imparte clases como profesor de lingua e literatura galega.


No 2003 participa no proxecto colectivo Negra sombra, unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en varias revistas de poesía e literatura, entre as que se atopan Ólisbos e Dorna.


As súas obras representan na súa maior parte a poesía, presentando títulos coma As laranxas de alí babá (1998), Cultivos transxénicos (2008), Penúltimas tendencias (2014)


En xuño de 2018 gañou o premio Jules Verne de literatura xuvenil co libro Aplicación instantánea, así como varios en anos atrás, coma por exemplo..

- I Premio de poesía Victoriano Taibo no 2008, por Cultivos transxénicos.

- Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2014, por Penúltimas tendencias.

- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2016, por Tundra.



  • MOTIVO/INTERESE DA ENTREVISTA.

 

Escollemos a figura de Carlos Negro polo interese que nos produciu dende o primeiro momento. Presenta unha importante traxectoria, ligada a numerosos premios o longo da súa carreira. O seu amor pola poesía contaxiounos por completo e, grazas a entrevista, puidemos coñecer mellor estes sentimentos, compaxinados ca súa docencia.

 

  • PREGUNTAS DO CORPO DA ENTREVISTA.


Esta entrevista é unha transcrición literal da conversa mantida con Carlos Negro. É por iso que se mantén a linguaxe espontánea e a naturalidade da lingua oral.


COMO DOCENTE: 

 

  • Un docente que non gusta da poesía cres que pode animar ao seu alumnado a traballar con ela?

  • “Eu creo que sí pode aparentar que ensina ben poesía sabendo recursos técnicos, a teoría da literatura para certas cousas teóricas pode que dea o pego. Pero creo que o importante no ensino é transmitir, non? Transmitir un certo entusiasmo polo que ensinas e é moi complicado transmitir dito entusiasmo se ti descoñeces a poesía que se está a escribir hoxe en día e te limitas a reproducir os textos dos libros e a repetir sempre o mesmo. É imprescindible ser lectora ou lector para transmitir ese gusto pola literatura.”

 

  • Cal é a finalidade principal da poesía nas tuas clases?

 

  • “Igual que calquer arte, non ten unha finalidade práctica inmediata. Eu creo que a finalidade da literatura e da poesía é crear beleza e expresar a vida a través desa beleza, que as palabras nos digan algo da vida pero dunha maneira especial. 

Penso que a poesía ten que falarnos da vida, dunha maneira única e diferente; non é un xénero literario raro para facer exames e para fastidiar os alumnos e alumnas aprendendo listas de recursos literarios senón que é unha maneira orixinal, única e individual de expresar quen somos os seres humanos.”

 

  • Tes afirmado que un dos actos máis revolucionarios que hai hoxendía é lerlle en voz alta ao alumnado, cres que como docentes temos que ler máis para eles e con eles?

 

  • “O ideal sería que o alumnado puidese escoller, sobre todo xa a partir de certas idades, libremente o que lee. Sempre hai o debate de si se pode obligar a ler a xente. É complicado porque algunha xente se non a obligas a ler, non lee nada. Non obstante, tamén hai xente que lle gusta ler pero se a obrigas di que lle gustaría ler o que lles gusta, non o que me mandes ti.

Complicado acertar co punto medio, non? 

Eu creo que máis que obligar a ler poesía, o que hai que dicir é amosar a poesía as aulas, como facer un menú.

Levar a clase un poema, compartilo…

A poesía pode estar nunha canción, nun graffiti dunha parede, nun lema publicitario…

Hai que romper a idea da poesía como algo aburrido e algo do pasado. Hai xente que podes deixala ir o seu aire ca lectura e outra ca que tes que ir máis da man.”

 

  • Como podemos aprender a ler poesía para ser bos mestres e contaxiar o gusto por ela?

 

  • “Tendo curiosidade polo que se escribe hoxe en día, non só os clásicos. Intentar transmitilo de maneira agradable e non coma comezar a casa polo tellado as veces queremos eso.

Que che transmite o poema, con que verso te quedas, comezar polo emocional e non tanto polo intelectual. Poesía adecuada para cada idade, ir pouco a pouco, chanzo a chanzo. Non todo o mundo ten as chaves para acceder a poesía, tipos moi diferentes de poesía para tratar de buscar que lles guste, probar este tipo de cousas e non perder a paciencia, xa que hai días que non acertas. Hai poesía que non me gusta e a leo, ata que aparece algunha que me gusta, como as películas e as se

 

  •  Por último, qué botas de menos no sistema educativo actual? 

 

  • “Pois eu… boto de menos un pouquiño máis de flexibilidade sobre todo para cambiar as cousas, máis flexibilidade horaria, máis flexibilidade para facer actividades escolares, e menos burocracia, sobre todo, menos estandarización. Estamos moi pendentes da burocracia, de xustificar todo o que facemos emitindo informes, reunións… Eu creo que debería haber máis formación, pero non só formación, senón tamén cambiar os currículos, facelos máis… máis pegados á realidade do século XXl, non? Un ensino máis experimental, máis creativo e menos memorístico, menos de acumular contidos. Bueno, máis flexibilidade e máis liberdade creativa.”

  • “E tamén apostar por unha avaliación formativa, non?”

  • “Evidentemente, eu creo que o profesorado debería cada certo tempo pasar por unha especie de… como para renovar o carné de conducir non? Pero non unha cousa teórica de mandar unha programación,  senón de como fas as clases, non? de como traballas nas aulas.”

 

 

COMO ESCRITOR:

 

  • Cres que a túa poesía axuda a promover o espírito crítico de nenas e nenos?

 

  • Pois… eso claro… é unha pregunta para min complicada porque, claro, son as lectoras e lectores os que deberían dicir eso non? Se a eles lles desperta algunha reflexión ou algún espírito crítico non?. A min gustaríame pensar que sí, que pode axudar a algunha xente a darlle a volta a algúns tópicos ou estereotipos. Pero bueno tamén hai que ter en conta que a poesía e a literatura non é un panfleto nin é un tratado oral. A literatura o primeiro que ten é que chegar, entreter, chegar a un nivel emocional ou intelectual. Pero na súa finalidade tampouco é educar exactamente non? Pero si me gustaría pensar que provoca unha reación nos lectores porque para eso escribimos non? Ogallá lles provoque unha reación e algunha xente poida provocar tamén unha reflexión non? sobre algúns temas de actualidsade, e para min sería o  ideal. Claro, eso  non é doado de conseguir.

 

  • Tes visitado moitos centros educativos para falar da túa poesía, que é o que máis valoras do alumnado neses encontros?

 

  • Pois a… eu diría que a enerxía que recibo deles, porque a poesía é tamén un acto de comunicación, tamén é unha búsqueda de coñecemento a través das palabras, pero a poesía tamén ten unha dimensión moi potente comunicativa e compartes os teus textos pero tamén os teus textos ó estar alí a xente, o público diante reaciona dunha determinada maneira, e esa reación moitas veces devólveche moita enerxía positiva non? moitas ganas de seguir escribindo e moitas experiencias compartidas, ás veces hai reacións emotivas sobre algún poema que afecta a unha persoa en particular… non sei, eu teño experiencias moi bonitas nos institutos de… desa enerxía, dese fluído de comunicación que se establece a través dun poema eas veces percíbelo nun aplauso, poero ás veces tamén o percibes nun silencio así… nun silencio destes moi intenso que queda despois de ler un poema ou preguntas que che fai o alumnado… entonces bueno eu a miña experiencia nos institutos en xeral é moi positiva, a min tenme dado moitas alegrías e… anímame moito a escribir non?

 

  • Que experiencia lembras con máis emoción desas visitas?

 

  • Lembro se queres unha experiencia concreta dun colexio en Vigo que unha nai veu a falarme de que leran os poemas da aplicación instantánea, a súa filla que estaba no hospital, estaba cun problema de saúde e lendo na aplicación instantánea que lle ensinaba os poemas alí mentres estaba no hospital e que a animaran a saír un pouquiño desa depresión que tiña e dun estasdo de ánimo negativo, e bueno, que a nai viñera persoalmente agradecerme que eses poemas axudaran un pouco á curación da súa filla e que quería que lle ensinara o libro por exemplo é unha experiencia humana que nunca esquecerei. É un exemplo así un pouco máis concreto que che pon un pouco la pel de galiña.”

 

  • Tes recibido moitos premios, entre eles o das Bibliotecas Escolares de Galicia. Que valoras máis dos galardóns?

 

  • Bueno os premios sempre hai que agradecelos, sempre. A fin de contas nunca é doado gañalos e hai moita outra xente que escribe ben e que escribe con moita ilusión igual ca ti, entón os premios son un pouco unha lotería, dependen de moitos factores, entonces sempre hai que agradecelos. O das Bibliotecas Escolares de Galicia especialmente porque é un premio que eu considero moi democrático e moi de traballo de fondo, é dicir, é como un recoñecmento a todo o esforzo que fun facendo durante o ano de visitar centros, de recitar poesía, de promover a poesía e… e que os clubs de lectura de Galicia recoñecesen moitos dos meus libros para ler poesía voluntariamente demostra que é un xénero poético que sí pode funcionar entre a xente nova, entón para min ese foi un dos premios máis bonitos da miña vida, máis satisfactorios, porque é un premio coma o do público, non? É das lectoras e dos lectores así novos, non? Porque os outros son premios que che da un xurado concreto, moi concreto, catro ou cinco persoas, pero este é un premio de moitos clubs de lectura de Galicia que escolleron os teus libros para ler e que lle gustaron, entonces bueno, foi un dos días, a nivel así de escritor máis felices da miña vida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMO PROMOTOR DA POESÍA E DA LITERATURA:

 

  • Impartes obradoiros de poesía para docentes. Que é o que máis lles (nos) custa? Cal é a actitude en xeral das persoas que participan?

 

  • Eu creo que o que máis custa sempre son os prexuízos previos, non? Os estereotipos, a poesía ui… a poesía é un xénero raro, complicado, moi difícil… eu non vou saber facer esto, a min a poesía non me gusta, é dicir, veñen con moitos medos non?”

  • Sí, é dicir, que é mental.”

  • Sí, é un pouco eso, medo ó descoñecido non? e parece que é máis fácil comentar un conto, unha novela… e entonces hai que romper un pouco eso, esa especie de capa de xeo que lles impide achegarse á poesía. É tamén teñen que descubrir un pouco eso, romper un pouco esa capa de xeo que lles impide achegarse á poesía e tamén teñen que descubrir eso, que teñen que ler máis poesía, non? Porque moita xente adulta o problema é ese, non? que non le poesía. Entón é o que eu lles digo: o primeiro de todo é que leades poesía e de todo tipo, despois o outro é practicar, facer actividades, facer xogos… bueno, hai moitas posibilidades coa poesía, pero o importante é cambiaro chip, cambiar o chip e dicir: bueno, é unha actividade máis que podemos incorporar á aula e que nos pode valer para moitas cousas, e sobre todo para establecer unha boa conexión emocional co alumnado, para explicarlles que hai maneiras de ver as cousas que son científicas e outras que teñen que ver un pouco máis coa intuición e coa subxectividade, e que eso tamén forma parte da nosa aprendizaxe vital.”

 

  • Entre as estratexias para perderlle o medo a empregar a poesía na aula, cal destacarías como a máis eficaz e que lle recomendarías a calquera docente?

 

  • A estratexia sempre é buscar un pouco a sorpresa, non caer na rutina. É dicir, buscar actividades diversas, formular pequenos xogos, pequenos retos de escribir pero sempre con modelos previos. Buscar os textos axeitados, moi variados un pouco xogar ca poesia co humor, ca provocación, con textos que resulten polémicos. Moito sentido do humor xa que a poesía non é sempre seria. Xogar con distintos rexistros lingüísticos. Buscar un pouco que sorprenda e que rompa as normas e as rutinas. Probando así moitos tipos de actividades.”

 

  • Debería haber máis iniciativas para traballar a poesía nas aulas? Cres que falta formación entre docentes?

 

  • “O que pasa é que as veces pedimos tantas cousas para facer nas aulas, de tantos ámbitos e tan necesarias que parece que pedir máis tempo para a poesía sería capricho.

É certo que as humanidades en xeral tenden a quedar un pouco marxinadas do ensino, porque parece que non son útiles. O que hai que practicar é o ensino creativo, sendo isto o que nos distingue como seres humanos dos robots. 

O tempo que hai que adicarlle depende de moitos factores. O que sí é certo é que falta máis falta de formación do profesorado inda que a maioría pasa un pouco de largo do xénero, resultando un pouco indiferente.

Hai xente que a traballa moi ben, pouca, coma case en todas as cousas creativas. Haina moi comprometida pero unha ampla maioría que lle produce indiferencia a poesía.”

 

6.    DESTACADOS CO QUE SE QUERE POÑER DE RELEVANCIA.

 

Con esta entrevista, queremos destacar as potencialidades da poesía na Educación, tanto na Primaria, Infantil, E.S.O…. Baixo o noso punto de vista, ao longo da idade escolar trabállase moi pouco coa poesía, ou cando se fai, realízase de xeito mecánico, coma calquera outro contido curricular, sen xerar interese nas nenas e  nos nenos. Por isto, creemos que Carlos Negro está no certo e pensamos que os e as docentes, debemos prestar máis atención á poesía.

 

 

 

  • MATERIAL GRÁFICO.

 

Enlace á entrevista de Carlos Negro:

https://drive.google.com/file/d/1A77mGOLSj9w5vrobPhgv0MXaA9e81Pbd/view?usp=sharing


Os soños na gaiola

Manuel María (1968). Os soños na gaiola  (9º ed.). Vigo: Xerais. Os soños na gaiola, de Manuel María, é un poemario impreso en papel de tapa...